CRA de Culleredo

Blogues

Unha viaxe ao fondo do mar

Este é un pequeno resumo das actividades que se realizaron durante o curso pasado.

 

ENCANTADOS COS CASTELOS

Seguimos explicando aos nosos compis máis traballos dos castelos que trouxemos da casa. Xa rematamos un castelo que fixemos coa profe Vero. Quedounos chulísimo!!!

CHEGOU UNHA CARTA DE CRABELA

O 21 de novembro chegou a nosa escola unha carta de CRABELA. Contábanos que tiñamos que gardar a peza de alfarería que fixemos para entregarlle ao dragón o día que vaiamos a salvar a ARTURO.

Para chegar a ese día aínda temos que superar máis probas. Agora precisamos investigar sobre os estamentos da Idade Media, pois o dragón quere saber quen coida a porta onde está encerrado ARTURO.

Na casa xa estivemos a investigar e contamos aos nosos compis que é o que aprendimos na casa.

O MAGOSTO NA CHOEIRA

Este ano celebramos o 14 de novembro a festa do Magosto. Debido ao mal tempo tivemos que xogar e comer as castañas na escola de A Choeira. Pero pasámolo moi ben todos xuntos.

TRABALLAMOS OS OFICIOS DO MEDIEVO

Na escola fixemos diferentes traballos artesáns, como na idade media. Pintamos, cosimos ... fomos alfareiros e panadeiros. Pasámolo moi ben.

BALEIRANDO CABAZAS

Baleiramos unha cabaza. Foi algo moi divertidoooo.

MERENDA DE SAMAÍN

A merenda do día 30 de outubro tiña que ver co que estabamos a celebrar.


COLAR DE ZONCHOS POLO SAMAÍN

Con castañas cocidas fixemos un colar de zonchos. Qué chulo!

DISFRAZADOS DE MEDO

O 30 de outubro disfrazámonos de medooooo.

 

A MIN NO ME COMAS!!!

No mes de outubro viñeron dous monstros a  contarnos un conto de medooooo.

Distribuir contido