CRA de Culleredo

conticra

A MIN NO ME COMAS!!!

No mes de outubro viñeron dous monstros a  contarnos un conto de medooooo.

UN CONTO DE MEDO

O mércores 29 de outubro viñeron a nosa clase dous feisimos monstros a contarnos un conto titulado "A min non me comas". Pasamos moitísimo medoooooo.

A min non me comas!

Recibimos unha inesperada visita na escola....viñeron dous monstros! Ao principio asustáronnos un pouco porque eran bastante feos, pero despois démonos conta de que eran bos porque o único que querían era contarnos un conto moi chulo que levaba por título "A min non me comas". A historia falaba de Mateo, un neno moi valente que asustou a un monstro.

 

 

 

Pétala

O día 23 de abril, para conmemorar o Día do Libro, disfrutamos dunha sesión de CONTICRA.

Nesta ocasión libro elixido foi Pétala, unha pomba que vai en busca da chuvia. Gustounos moito!!!

 

DÍA DO LIBRO

O día do Libro a profe Bea e a profe Mabel veu contarnos o conto de PÉTALA. Foi chulísimooooo.

OS TRES BANDIDOS

O martes 29 de outubro viñeron a escola OS TRES BANDIDOS a contarnos a súa historia. Tivemos moito meeeedo, pero a nosa profe estivo sempre con nós para protexernos.

Artur e Clementina

O día 11 de decembro disfrutamos doutro fantástico conto, "Artur e Clementina".

 

Día da Paz

O 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz.

Para esta celebración o día anterior difrutamos dun contacontos. O conto era "Por cuatro esquinitas de nada" que nos conta a historia da amistade entre uns círculos e un cuadrado, que a pesar de ser moi diferentes eran moi bos amigos.

E a partir disto, o día 30, fixemos un bonito debuxo con un círculo e un cuadrado, e aprendemos que debemos respetar aos nosos amigos e aceptalos tal e como son!

 

O home do saco

Recibimos na escola unha visita moi especial, veu o Home do Saco!

Traia un montón de cousas dentro do seu saco, entre elas o libro O Papón e contounolo.

Ademais díxonos que estaba moi só e queira algún amigo para xogar, pero ningún quixo ir con el, algúns tiñámoslle algo de medo....

 

        

Distribuir contido