CRA de Culleredo

Abalar Móbil

Familias,

Aquí vos deixamos o enlace para acceder á descarga e á guía de uso de Abalar móbil; a aplicación que nos ofrece a Xunta de Galicia para facilitar e axilizar a comunicación entre escola e familias.

 

App de comunicación abalarMóbil para familias | espazoABALAR

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023/24

 

 

OFERTA DE PRAZAS POR ESCOLA

ESCOLA

Nº DE PRAZAS

 

4º EI

5º EI

6ºEI

CHOEIRA 1

6

1

1

CHOEIRA 2

7

2

2

LEDOÑO

9

1

1

SÉSAMO

6

1

1

VINSEIRA

10

3

3

TOTAL

38

8

8

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para a presentación das solicitudes será do 1 ao 20 de marzo na sede do CRA (Escola da Choeira) ou de xeito telemático a través da do aplicativo “admisionalumnado”.

O horario de entrega das solicitudes será:

- Luns de 12:30h. a 14:00h. e de 17:00h. a 19:00h.

- Mércores de 09:00h. a 10:30h.

- Venres de 12:30h. a 14:00h.

DOCUMENTACIÓN

- Solicitude cumprimentada (esta solicitude poderá recollerse nas escolas, descargala picando neste enlace ED550B ou na web "admisionalumnado").

- Documento que acredite a idade do alumno ou alumna: DNI, pasaporte ou libro de familia (deberá traerse fotocopia e orixinal).

- Certificado de matrícula (no caso de estar matriculado noutro centro).

- Certificado de empadronamento municipal.

- Certificacións oficiais doutras circunstancias:

  • documentación acreditativa do alumnado con necesidades educativas especiais.
  • convenio regular en caso de separación dos proxenitores.
  • informe dos servizos sociais en caso de situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais, económicos ou culturais.
  • É posible autorizar na solicitude a consulta do domicilio fiscal e declaración do imposto da renda, do título de familia numerosa e do certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia. Para isto é preciso marcar cun "X" en todas as casillas correspondentes e así non haberá que xustificalo documentalmente.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO

- Resolución provisional antes do 25 de abril.

- Resolución definitiva antes do 15 de maio.

Estas listaxes serán publicadas no taboleiro da escola da Choeira (sede do CRA de Culleredo).

PRAZO DE MATRÍCULA

O alumnado admitido formalizará a matrícula  no centro do 20 ao 30 de xuño.

*Todo este proceso estará regulado polo establecido no decreto 13/2022 do 3 de febrero e a Orde do 21 de outubro de 2022.

 

Distribuir contido