OFERTA DE PRAZAS POR ESCOLA
ESCOLA
|
Nº DE PRAZAS
|
|
4º EI
|
5º EI
|
6ºEI
|
CHOEIRA 1
|
6
|
1
|
1
|
CHOEIRA 2
|
7
|
2
|
2
|
LEDOÑO
|
9
|
1
|
1
|
SÉSAMO
|
6
|
1
|
1
|
VINSEIRA
|
10
|
3
|
3
|
TOTAL
|
38
|
8
|
8
|
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a presentación das solicitudes será do 1 ao 20 de marzo na sede do CRA (Escola da Choeira) ou de xeito telemático a través da do aplicativo “admisionalumnado”.
O horario de entrega das solicitudes será:
- Luns de 12:30h. a 14:00h. e de 17:00h. a 19:00h.
- Mércores de 09:00h. a 10:30h.
- Venres de 12:30h. a 14:00h.
DOCUMENTACIÓN
- Solicitude cumprimentada (esta solicitude poderá recollerse nas escolas, descargala picando neste enlace ED550B ou na web "admisionalumnado").
- Documento que acredite a idade do alumno ou alumna: DNI, pasaporte ou libro de familia (deberá traerse fotocopia e orixinal).
- Certificado de matrícula (no caso de estar matriculado noutro centro).
- Certificado de empadronamento municipal.
- Certificacións oficiais doutras circunstancias:
- documentación acreditativa do alumnado con necesidades educativas especiais.
- convenio regular en caso de separación dos proxenitores.
- informe dos servizos sociais en caso de situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais, económicos ou culturais.
- É posible autorizar na solicitude a consulta do domicilio fiscal e declaración do imposto da renda, do título de familia numerosa e do certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia. Para isto é preciso marcar cun "X" en todas as casillas correspondentes e así non haberá que xustificalo documentalmente.
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO
- Resolución provisional antes do 25 de abril.
- Resolución definitiva antes do 15 de maio.
Estas listaxes serán publicadas no taboleiro da escola da Choeira (sede do CRA de Culleredo).
PRAZO DE MATRÍCULA
O alumnado admitido formalizará a matrícula no centro do 20 ao 30 de xuño.
*Todo este proceso estará regulado polo establecido no decreto 13/2022 do 3 de febrero e a Orde do 21 de outubro de 2022.