CRA de Culleredo

Impresos, documentación...

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Xa se poden solicitar as axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o presente curso.

Podedes consultar toda a información e procedemento a seguir picando na imaxe:

 

A documentación requerida debe ser entregada no CEIP Plirilingüe de Tarrío antes do 24 de setembro

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 21/22

REMATADO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN INFÓRMASE QUE TODAS FORON ADMITIDAS NA ESCOLA SOLICITADA.

 

O PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA SERÁ DO 20 AO 30 DE XUÑO.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

AS VACANTES POR ESCOLAS, PARA O CURSO 20/21 SON AS SEGUINTES:

O PRAZO DE PRESENTACIÓN SE SOLICITUDES SERÁ DO 1 AO 22 DE MARZO.

A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PODE FACERSE DE XEITO TELEMÁTICO OU NA SEDE DO CRA (ESCOLA DA CHOEIRA).

PODEDES CONSULTAR TODA A INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN, PRESENTAR AS SOLICITUDES DE XEITO TELEMÁTICO OU DESCARGAR O IMPRESO PARA FACELO DE XEITO PRESENCIAL PICANDO NA IMAXE.

 

PARA CALQUERA DÚBIDA NO CONTACTA NO 981662094

Axudas para alumnado con Necesidades específicas de Apoio Educativo 2020-2021

Xa se poden solicitar as axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o presente curso.

Podedes consultar toda a información e procedemento a seguir picando na imaxe:

A documentación requerida debe ser entregada no CEIP Plirilingüe de Tarrío antes do 23 de setembro

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

DO 1 AO 10 DE XULLO ABRIRÁ O PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA.

OS DOCUMENTOS QUE SE DEBEN PRESENTAR NA SECRETARÍA DO CENTRO (A CHOEIRA-ALMEIRAS) SON:

- FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA

- CERTIFICADO MÉDICO

- 4 FOTOS

- FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA, NO CASO DE NON TELO PRESENTADO ANTES

- IMPRESO DE MATRÍCULA DEBIDAMENTE CUMPRIMENTADO E ASINADO. PÓDESE RECOLLER NA SECRETARÍA DO CENTRO OU DESCARGALO PICANDO AQUÍ

ADMISIÓN ALUMNADO

 

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Segundo as instrucións do DOG do 6 de maio de 2020,restablécese o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Desde  o día 11 de maio de 2020 ata o día 18 do mesmo mes.

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN PARA BAREMO: Ata o 26 de maio de 2020.

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS: Antes do 9 de xuño de 2020.

RECLAMACIÓNS contra as listaxes provisionais: 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS: Ata o 26 de xuño de 2020.

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:  Do 1 ao 10 de xullo de 2020.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN ANTE O CORONAVIRUS

SEGUINDO AS INDICACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA O CENTRO PERMANECERÁ PECHADO A PARTIR DO LUNS 16 DE MARZO DURANTE 14 DÍAS NATURAIS, QUE PODERÁN PRORROGARSE SEGUNDO ESTABLEZAN OS ORGANISMOS COMPETENTES.

DEBIDO A ISTO, O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO, AMPLIARASE A UNHA SEMANA DESDE O DÍA DA NOVA APERTURA DOS CENTROS.

PARA MÁIS INFORMACIÓN PODEN POÑERSE EN CONTACTO CO CENTRO VÍA E-MAIL: cra.culleredo@edu.xunta.gal

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO

NOVAS INSTRUCIÓNS SOBRE O COVID-19

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020/2021

O vindeiro luns, 2 de marzo, comeza o prazo de solicitudes de admisión de alumnado, ata o luns 23 de marzo, ambos os dous inclusive.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Impresos de solicitude ANEXO II (recoller na secretaría do centro, nas escolas ou descargar ANEXO II en galego e ANEXO II en castelán). IMPORTANTE: presentarase unha única solicitude na secretaría do centro que conste en primeiro lugar.; e asinado polo pai ou a nai, ou titores legais.

No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar a resolución xudicial correspondente.

  • Copia do libro de familia, ou do DNI, ou calquera outro documento que acredite a data de nacemento.
  • Se os pais optan a unha praza para alumnado con n.e.a.e. achegarán a documentación pertinente.
  • Certificado de escolarización en casos de traslado de centro (Art.16).

No taboleiro de novas do noso centro, están expostas as prazas vacantes, así como a información relativa a todo o proceso de admisión do alumnado.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DO ALUMANDO ADMITIDO

* Antes do 25 de abril: Publicación da resolución provisional.

* Antes do 15 de maio: Publicación da resolución definitiva.

PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: O alumnado admitido no Centro formalizará a súa inscrición na Secretaría do 20 ao 30 de xuño. Se finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído no dereito á praza obtida.

Distribuir contido