Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Segundo as instrucións do DOG do 6 de maio de 2020,restablécese o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Desde  o día 11 de maio de 2020 ata o día 18 do mesmo mes.

DOCUMENTACIÓN  A PRESENTAR PARA A ADMISIÓN

- Impreso de solicitude :

Anexo II en galego

Anexo II en castelán

- DNI ou Libro de familia (hai que traer o orixinal e a fotocopia de todas as páxinas escritas) ou documento acreditativo do requisito da idade do alumno/a.

- No caso de optar a un curso de Primaria, deberán achegar tamén certificación de matrícula do centro de procedencia.

- Certificado de empadroamento municipal. Deben figurar todos os membros da unidade familiar que convivan no domicilio.

- Certificacións oficiais xustificativas doutras circunstancias:

  * Situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais, económicos ou culturais (Informe dos servizos sociais competentes que acredite as circunstancias achegadas)

* Alumnado con necesidades educativas específicas (documentación acreditativa das circunstancias alegadas)

* Separación legal dos pais: orixinal e fotocopia do convenio regulador ou da resolución xudicial.

(A efectos de comprobación, é necesario presentar sempre o orixinal de todos os documentos fotocopiados).

É posible autorizar na propia solicitude  a consulta  do domicilio fiscal e declaración do imposto sobre a renda, do título de familia numerosa e do certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia. Se se marca cun "X" en todas esas casillas  non hai que xustificalas documentalmente, xa que queda feito de xeito telemático.

 

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN PARA BAREMO: Ata o 26 de maio de 2020.

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS: Antes do 9 de xuño de 2020.

RECLAMACIÓNS contra as listaxes provisionais: 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS: Ata o 26 de xuño de 2020.

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:  Do 1 ao 10 de xullo de 2020.



page | by Dr. Radut