CRA de Culleredo

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020/2021

O vindeiro luns, 2 de marzo, comeza o prazo de solicitudes de admisión de alumnado, ata o luns 23 de marzo, ambos os dous inclusive.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Impresos de solicitude ANEXO II (recoller na secretaría do centro, nas escolas ou descargar ANEXO II en galego e ANEXO II en castelán). IMPORTANTE: presentarase unha única solicitude na secretaría do centro que conste en primeiro lugar.; e asinado polo pai ou a nai, ou titores legais.

No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar a resolución xudicial correspondente.

  • Copia do libro de familia, ou do DNI, ou calquera outro documento que acredite a data de nacemento.
  • Se os pais optan a unha praza para alumnado con n.e.a.e. achegarán a documentación pertinente.
  • Certificado de escolarización en casos de traslado de centro (Art.16).

No taboleiro de novas do noso centro, están expostas as prazas vacantes, así como a información relativa a todo o proceso de admisión do alumnado.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DO ALUMANDO ADMITIDO

* Antes do 25 de abril: Publicación da resolución provisional.

* Antes do 15 de maio: Publicación da resolución definitiva.

PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: O alumnado admitido no Centro formalizará a súa inscrición na Secretaría do 20 ao 30 de xuño. Se finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído no dereito á praza obtida.