CRA de Culleredo

Día da Paz

O 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz.

Para esta celebración o día anterior difrutamos dun contacontos. O conto era "Por cuatro esquinitas de nada" que nos conta a historia da amistade entre uns círculos e un cuadrado, que a pesar de ser moi diferentes eran moi bos amigos.

E a partir disto, o día 30, fixemos un bonito debuxo con un círculo e un cuadrado, e aprendemos que debemos respetar aos nosos amigos e aceptalos tal e como son!