CRA de Culleredo

escola

CHEGARON OS REIS MAGOS

O 5 de xaneiro chegaron os Reis Magos de Oriente. Repartiron moitos regalos por moitos sitios. Tamén deixaron dous paquetes na nosa escola. Era un CASTELO  e PERSONAXES MEDIEVAIS!!! Son chulísimos e xa xogamos con eles. Moitas grazas aos Reis Magos, seguiremos a portarnos beeeen.

OS NOSOS CUMPLES

Neste primeiro trimestre celebramos na escola os cumples de XIÁN, ALISHIA, LORENA, NOA E MARTA. Parabéns para todos eles!!

SORPRESA PARA A PROFE VERO

Remata o trimestre e a profe Vero ten que seguir estudando na universidade. Nós quixemos darlle unha sorpresa porque pasámolo moi ben con ela e ensinounos moitas cousas.

Moitas grazas, profe Vero!!!

O CARTEIRO REAL

O luns 15 de Nadal, veu ao colexio o Carteiro Real para recoller os nosos desexos.

DECORACIÓN NAVIDEÑA

A porta da nosa clase parece unha chimenea por onde vai entrar Papá Noel. Na entrada do colexio montamos o Belén.

TRABALLAMOS O NADAL

Na clase fixemos moitas cousas navideñas. Mirade como nos quedaron.

O MAGOSTO NA CHOEIRA

Este ano celebramos o 14 de novembro a festa do Magosto. Debido ao mal tempo tivemos que xogar e comer as castañas na escola de A Choeira. Pero pasámolo moi ben todos xuntos.

BENVIDOS Á ESCOLA

Estes somos os nenos e as nenas da escola de Ledoño.

COMEZA UN CURSO NOVO

Comezamos un novo curso e o primeiro día de escola foi moi divertido.

UNHA MERENDA QUE METE MEDO

Esa mañá escribimos unha receita e fixemos unha merenda riquísima. Despois a comimos xunto cun castelo de biscoito que tamén metía medo. Ja ja ja ja...

Distribuir contido