CRA de Culleredo

Blogues

"Besitos de nuez"

Este mes elaboramos unha receita cun froito de temporada, as noces. Fixemos uns "besitos de nuez". Saironnos moi ben!

 

DÍA DOS DEREITOS DOS NEN@S

O DÍA 20 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NEN@S FACENDO XUNTO CO PROFE IVÁN UN MURAL CON UNHA ÁRBORE CHEA DE MANS E CON PALABRAS RELACIONADAS COS DEREITOS.
 
 
 
 

MAGOSTO

PARA CELEBRAR O MAGOSTO O DÍA 14 DE NOVEMBRO NA NOSA ESCOLA REALIZAMOS XOGOS POPULARES, CANTAMOS A CANCIÓN DO MAGOSTO E MERENDAMOS CASTAÑAS ASADAS.

 

 AS NOSAS CESTAS

OUTRAS ACTIVIDADES          

 

Día dos Dereitos dos Nen@s

O día 20 celebrouse o Día dos Dereitos do Nen@s.

Para conmemoralo na escola, fixemos co profe Iván un mural: un arco da vella que recolle os nosos dereitos.

 

 

OS NOSOS DEREITOS on PhotoPeach

Superamos a primeira proba para Crabela

Cando nos visitou Crabela deixounos a súa primeira proba, que era averiguar como era un escudo e construir un. Pedimos axuda as nosas familias e recopilamos un montón de información. Despois de mirala toda e aprender un montón de cousas sobre escudos puxémonos a traballar por equipos. Quedounos xenial!!!

 

E xa recibimos tamén unha carta de Crabela onde nos explica a segunda proba na que debemos axudala. Témonos que poñer mans á obra!

O magosto

O venres 14 celebramos o Magosto na escola da Choeira. Xogamos a un montón de cousas divertidas, cantamos e bailamos; e despois, para rematar a festa merendamos castañas asadas. Estaban deliciosas!

 

SAMAÍN

O día 30 de outubro disfrazámonos de bruxas, vampiros, esqueletes,... Tamén merendamos unhas pantasmas que estaban boísimas.

Para celebrar o Samaín baleiramos cabazas, fixemos pantasmas de tea, pulseras con pasta, morcegos cas mans pintadas,..

Pasámolo xenial!

 

 

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS

Comezamos  a  traballar  sobre  o  proxecto  ca  exposición  dos  traballos  feitos  en  casa.

 

 

 

Unha festa de medo!!!

Para celebrar o Samaín, o xoves 30 fixemos unha festa de medo. Na festa houbo esqueletes, vampiros, zombies, bruxas,....

Foi terroríficamente divertida!!!

 

A PRINCESA CRABELA

No mes de outubro recibimos unha visita por sorpresa: a princesa  Crabela. Contounos que ao seu príncipe atrapouno un malvado dragón. Para chegar xunto del ten que superar varias probas.

Pediunos que averiguaramos a que estamento pertence a persoa que coida a porta da prisión onde está o príncipe.

A investigar !

 

 

Distribuir contido