CRA de Culleredo

saídas

O magosto

O venres 14 celebramos o Magosto na escola da Choeira. Xogamos a un montón de cousas divertidas, cantamos e bailamos; e despois, para rematar a festa merendamos castañas asadas. Estaban deliciosas!

 

Excursión de fin de curso!!!

O xoves 12 de xuño visitamos o Castelo de Sta Cruz para recuperar o tesouro que nos roubou o pirata Patacrá. Alí tivemos que pasar unha serie de probas e seguir unhas pistas, pero ao final atopámolo.

Despois de tanta emoción, fomos ao albergue de Gandarío a comer e para rematar a xornada, fixemos xogos con auga.

Foi xenial!!!

 

Romaría das Letras Galegas

Como cada ano, celebramos a Romaría das Letras Galegas na Torre de Celas.

Primero xogamos, despois actuamos para as familias e xantamos todos xuntos no entorno da Torre.

E para rematar a festa, este ano houbo unha novidade, tamén houbo xogos para as familias.

Foi xenial!

 

A nova biblioteca

O día 15 de maio fomos por primeira vez á nova biblioteca do CRA, que está na escola da Choeira.

Para este acontecemento tivemos alí varias visitas e unha gran sorpresa, veu a Drgaona Ramona contarnos un conto. Despois fixemos distintos obradoiros cos nenos e nenas das outras escolas do CRA, e para rematar a festa merendamos todos xuntos.

Foi xenial!

Día da Árbore

O venres 21 celebramos o Día da Árbore.

Asistimos a unha obra didáctico-musical no Conservatorio de Culleredo sobre o Arbolito Lito e os seus amigos Cillo e Cilla.

E despois plantamos unha árbore nunha zona próxima. Agora teremos que ir ver como medra!

 

Visitamos a Lonxa de A Coruña

O luns 17 de marzo visitamos a Lonxa de A Coruña.

Vimos un montón de peixes e mariscos: cigalas, merluzas, ourizos de mar....e explicaronnos como funciona lonxa.

Pero o que nos divertiu foi xogar co xeo! Pasámolo moi ben!

 

Saída ao Aquarium Finisterrae

O venres 17 de xaneiro visitamos o Aquarium Fiisterrae!

Alí vimos e aprendemos unha chea de cousas interesantes.

Vimos morenas, peixes paiaso, esponxas, polbos.....pero o que máis nos gustou de todo, foi o tiburón Gastón.

Pasamos un  día xenial!

 

Concerto de panxoliñas

O 16 de decembro asistimos un concerto de panxoliñas no Conservatorio de Culleredo.

Foi moi divertido e algúns, ata saímos a actuar!

 

Dia da árbore e visita ao Concello

Para conmemorar o Día da Árbore asisitimos a unha divertida obra de teatro no Conservatorio de Culleredo.

 

  

 

 

Despois visitamos o Concello e coñecimos ao alcalde.

 

  

Distribuir contido