CRA de Culleredo

Excursión de fin de curso!!!

O xoves 12 de xuño visitamos o Castelo de Sta Cruz para recuperar o tesouro que nos roubou o pirata Patacrá. Alí tivemos que pasar unha serie de probas e seguir unhas pistas, pero ao final atopámolo.

Despois de tanta emoción, fomos ao albergue de Gandarío a comer e para rematar a xornada, fixemos xogos con auga.

Foi xenial!!!