CRA de Culleredo

visitas didáctica

A PRINCESA CRABELA

No mes de outubro recibimos unha visita por sorpresa: a princesa  Crabela. Contounos que ao seu príncipe atrapouno un malvado dragón. Para chegar xunto del ten que superar varias probas.

Pediunos que averiguaramos a que estamento pertence a persoa que coida a porta da prisión onde está o príncipe.

A investigar !

 

 

VISITA A LONXA DE A CORUÑA

 

O día 18 de marzo visitamos a lonxa no porto de A Coruña. Ramón foi o noso guía e ensinounos distintos tipos de peixes e mariscos. O que máis nos gustou foi o almacén do xeo e xogar con él. Por último agasalláronnos cunha camiseta moi chuli !
Pasámolo xenial !!!

 

 

VISITA AO PORTO DE A CORUÑA

O martes 18 de marzo visitamos o porto de A Coruña. Deixáronnos visitar a lonxa. Ramón ensinounos un montón de peixe que había para vender: cigalas, percebes, xurelos, bacalao, congrio... e explicounos como chegaba o peixe  nos barcos, onde se vendía e por onde saían os camións para repartir o pescado aos mercados e prazas onden compran as nosas mamás.

Foi moi divertido!!

Distribuir contido