CRA de Culleredo

Blogues

INVESTIGAMOS NA CASA E EXPLICAMOS

Despois da visita de CRABELA estivemos traballando na casa ...  e logo na escola explicamos o que aprendimos.

COMEZAMOS O PROXECTO "ENCANTADOS COS CASTELOS"

Un día chegou a escola a princesa CRABELA e contounos o triste que estaba. Ela quería recuperar ao seu principe ARTURO que tiña retido un malvado dragón.

Pediunos axuda. Temos que superar 5 probas. E a primeira que nos corresponde é investigar sobre os oficios medievais. Agora toca traballar.

BENVIDOS Á ESCOLA

Estes somos os nenos e as nenas da escola de Ledoño.

COMEZA UN CURSO NOVO

Comezamos un novo curso e o primeiro día de escola foi moi divertido.

NÓS TAMÉN VOTAMOS

Despois das votacións dos membros do Consello Escolar, nós tamén votamos na clase. Escollimos o libro que máis nos gusta dunha selección de contos. Foi superdivertido.

NOVAS DE CRABELA

O 21 de novembro recibimos unha carta de CRABELA. Decía que agora que xa sabemos como eran os banquetes, torneos e xogos medievais, temos que seguilos practicando pois cando vaiamos a salvar a ARTURO teremos que gañar o xogo que nos propoña o dragón.

Agora temos que pasar a seguinte proba. Consiste en saber o nome da parte do castelo onde está atrapado ARTURO. Polo tanto temos que estudar AS PARTES DOS CASTELOS E OUTRAS EDIFICACIÓNS MEDIEVAIS.

Trouxemos moitos traballos de casa que fixemos con papá e mamá ... e estamos a traballar na clase.

OS MEUS DEREITOS

O 20 de novembro é o Día dos dereitos dos nenos e fixemos un mural precioso.

A PEPATECA

Este ano durante o recreo podemos visitar a "PEPATECA". Alí ensinounos o profe Iván que podíamos facer: ler, xogar con títeres, debuxar ... Antes de ir temos que mirar se hai unha pinza libre para poder visitala. É moi divertido estar alí.

UN TRABALLO CON CASTAÑAS

Antes do magosto fixemos un broche con castañas. Foi a profe Vero quen nos ensinou a facelo. Quedounos chulísimo.

Celebramos os cumples do mes de novembro!!!

No mes de novembro cumpliron anos unha nena e un neno da escola. Alma cumpliu 5 anos e Mateo 3 anos.

Parabéns aos dous!!!

 

Distribuir contido