CRA de Culleredo

Superamos a primeira proba para Crabela

Cando nos visitou Crabela deixounos a súa primeira proba, que era averiguar como era un escudo e construir un. Pedimos axuda as nosas familias e recopilamos un montón de información. Despois de mirala toda e aprender un montón de cousas sobre escudos puxémonos a traballar por equipos. Quedounos xenial!!!

 

E xa recibimos tamén unha carta de Crabela onde nos explica a segunda proba na que debemos axudala. Témonos que poñer mans á obra!