Skip to Content

Blogues

O Pirata Patacrá

Recibimos na escola unha inquietante visita. O Pirata Patacrá veu á escola e roubounos o noso tesouro pirata e díxonos que para recuperalo tiñamos que ir ao Castelo de Sta Cruz e pasar unha serie de probas que nos convertirían en verdadeiros piratas coma el.

 

JORGE PETEIRO na escola

Traballamos a Jorge Peteiro na escola, un pintor que fixo cadros onde aparece o mar e... o castelo de Santa Cruz que imos visitar.

DEGUSTACIÓN DE PEIXE ENLATADO

O peixe para conservalo cociñado pódese enlatar. Logo no mercado o podemos mercar listo para comer. A profe Pili trouxo á escola uns poucos para que os degustáramos. Estaban riquísimos!!!

ANIVERSARIOS DESTE TRIMESTRE

Este trimestre celebramos o cumple de Mariña e Lucía.

PEQUENOS CIENTÍFICOS

Fixemos experimentos coa auga. Estudamos a combustión e a refracción. Logo creamos unha lámpada de lava.

OS ESTADOS DA AUGA

Na clase observamos os estados da auga: líquido, sólido e gasoso.

AS NOSAS APORTACIÓNS SOBRE O MAR

Ao longo do curso trouxemos traballos sobre o mar que amosamos ao demais.

RECUPERAMOS O NOSO TESOURO

O 12 de xuño no castelo de Santa Cruz, despois de pasar probas e seguir as pistas de PATACRÁ recuperamos o tesouro. Foi moi diver!!!

Xa somos piratas para sempreeeeee.

PATACRÁ

Decidimos que queriamos ser piratas e entón buscamos un tesouro que gardamos na nosa escola.

Enterouse o pirata PATACRÁ e apareceu un día pola clase. Levounos o tesouro e deixounos un pergamino onde dicía que para ser piratas para sempre tiñamos que recuperalo tesouro. Qué susto levamos!! Levounos o noso tesouro!!!!

JORGE PETEIRO pintou o mar e...

Estivemos estudando ao pintor Jorge Peteiro. Nos seus cuadros aparece o mar, o río ... e tamén o castelo de Santa Cruz que imos visitar na excursión de final de curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut