CRA de Culleredo

Blogues

XA TEMOS TULIPANES!

En outubro decidimos plantar bulbos de tulipán,regamos... pasaron os meses e...CRECERON!Os tulipáns adornan a nosa escola e son preciosos!

Visitamos o Aquarium Finisterrae!

No mes de Xaneiro fixemos unha saída o Acuario, pasámolo moi ben e vimos moitos peixes de diferentes formas e tamaños, o máis nos gustou foi ver de cerca a Gaspar, o tiburón; as medusas e os polvos.  Ah! e as focas sairon da auga para saludarnos.

 

 

QUE DIVERTIDOS OS INSTRUMENTOS DE LÁMINA!!!!

Un día Melodía trouxo ás escolas uns instrumentos moi bonitos, e teñen un timbre moi bonito. Son instrumentos de láminas: o metalófono, o xilófono e o carillón. Que chulos!!

Neles tocamos glisandos e logo improvisamos coa escala pentatónica (non sabemos moi ben que isto da escala pentatónica, só sabemos que a profe Mabel quitounos unas láminas e díxonos que era para que soara bonito).

CANTAMOS Á PAZ

 O 30 de xaneiro celebramos a paz facendo un traballo conxunto.

                  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nesta ocasión aprendimos  e cantamos unha canción que canta Juanes titulada"PAZ, PAZ, PAZ".

Cumples do primeiro trimestre

Durante o primeiro trimestre celebramos os cumples de moitos nenos e

nenas desta escola.

PARABÉNS PARA TOD@S

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

Benvidos ao blog de Audición e Linguaxe

No OBRADOIRO DE LINGUAXE xogamos a falar cos "nosos amiguiños"

O esquío cóntanos un conto cada semana moi divertido, facendo movementos coa lingua e os labios, o que a profe chama "praxias labiolinguais".

 

Despois as traballamos, de novo, coa axuda de "Coco"  

             

 Tamén aprendemos a expresar os nosos sentimentos "facendo caras" 

        

 

Séguenos...

ola a tod@s hoxe comenza a andar o blog da profe de reli

COOKIE'S TOYS

    

Rematou o Nadal e xa estamos devolta nas nosas escoliñas co noso amiguiño COOKIE THE CAT.

   Cookie e os seus amiguiños van enseñarnos todos os seus xoguetiños TOYS (dolly, ball,car,teddy,train...)

 

Cookie tamén ten uns xoguetes que fan moito ruido NOISY TOYS ( plane, boat, robot, drum,...) gústannos moito e pasámolo moi ben.

A nosa profe TEACHER LOLI contounos un conto HISTORY, enseñounos unha canción SONG e tamén fixemos xogos GAMES moi divertidos na Pantalla dixital.

.......e ao remate sempre nos di WELL DONE CHILDREN!!!!!!

BENVIDA

Estamos a  traballar na posta en marcha do blogue da nosa aula.

Na escola da Choeira somos dúas clases. A nosa é a das nenas e nenos de 4 e 5 anos.

Imos facer unha morea de  cousas.

Don Fresquete

Un conto moi especial...

Distribuir contido