CRA de Culleredo

Blogues

ENTROIDO

Disfrazámonos de pintores, queríamos ser como MIRÓ.

Pasámolo moi ben facendo os disfraces e logo disfrutamos da festa.

Mirade que guapos estamos.

sentímolo, flash non está dispoñible.

DÍA DA PAZ

 

Hugo marchouse a vivir a Madrid e fixémoslle unha despedida. Como agasallo levou este video do  Día da  Paz  para que non se esqueza de nós.

sentímolo, flash non está dispoñible.

DÍA DA PAZ

                                                          

O 30 de Xaneiro celebramos o día da Paz mundial e fixemos un traballo con sementes entre todos.

Quedounos moi bonito!!!!

Pintamos Tulipáns!

        

Damos a benvida á anticipada primavera cunha das nosas flores favoritas!!

A que todas xuntas poderían formar un bo xardín?

MMMM...QUE RICO!

Comenzamos un novo tema...os alimentos!.Hoxe aprendimos o que é unha pirámide alimenticia, nunha lámina estivemos observando os alimentos e a súa importancia según a súa posición na pirámide, logo fixemos un xogo cos alimentos de xoguete que temos no rincón da casiña no tiñamos que adivinar a que grupo pertenecían e por último coloreamos a nosa pirámide alimenticia!

Somos Pintores!

Seguimos traballando Joan Miró, hoxe pintamos con pintura de dedos as letras do seu apelido, cada unha dun dos colores que máis lle gustaban:Vermello, Azul ,Amarelo e Verde! Gústanos moito pintar cos dedos, así que o rematar cada un fixo un cadro!

SESIÓN DE CONTACONTOS!

                   

 

Hoxe tivemos sesión de contacontos, na nosa escola estase a levar un proxecto moi interesante, cada trimestre e en datas sinaladas temos a sorte de que nos visitan unhas mestras e nos contan contos!Sempre estamos moi atentos porque son contos moi divertidos o de hoxe era sobre o entroido, o seu título..."Los disfraces del Sol".

Xa estamos con ganas de que nos volvan a visitar!

Gracias Profes!

CHEGOU O ENTROIDO!

Durante este curso descubrimos un pintor chamado JOAN MIRÓ, estamos a investigar sobre el e xa coñecemos moitos cadros seus...así como as súas cores preferidas...Así que este ano disfrazámonos de PINTORES!Cada esola iba dun color, o noso o VERMELLO!

Distribuir contido