CRA de Culleredo

Blogues

ROMEO Y JULIETA

Hoxe, 24 de maio, vimos no Palacio da Ópera de A Coruña un concerto didáctico titulado "ROMEO Y JULIETA". Gustounos moito ver a orquestra e as marionetas no escenario. Podedes ver un pouquiño neste video.

Plantamos!

O mercores antes da ponte da Letras Galegas, plantamos uns gladiolos que despois levaremos para a casa cando teñan flor.

Temos que coidalos moito para que florezan!

 

O ovo que bota

Co noso novo experimento descubrimos o que lle sucede a un ovo despois de estar tres días en vinagre.

Todo o proceso espertou moita expetación e formulamos hipóteses sobre o que ía suceder, e despois comprobamos.

Foi moi divertido! Cando o sacamos parecía de goma e botaba sobre a mesa como se fose unha pelota!

 

O ovo que bota

Co noso novo experimento descubrimos o que lle sucede a un ovo despois de estar tres días en vinagre.

Todo o proceso espertou moita expetación e formulamos hipóteses sobre o que ía suceder, e despois comprobamos.

Foi moi divertido! Cando o sacamos parecía de goma e botaba sobre a mesa como se fose unha pelota!

 

O NOSO MURAL DE PRIMAVERA

Coa chegada da primavera, decidimos decorar a nosa escola cun fermoso mural, o fixemos entre todos e o resultado e este, esperamos que vos guste!

Parabéns Aroa!!!!

O día 29 de abril estivo de cumple Aroa, e para celebralo trouxo unhas tortas á escola.

Parabéns Aroa!!!


DÍA DA TERRA

                 

 

    Para celebrar o día da Terra (22 de abril) realizamos unha saída ós MUIÑOS DE ACEA DE AMA no Burgo.   

O historiador Carlos Pereiro estaba esperándonos e falounos sobre os muíños de marea , os aparellos utilizados e do seu funcionamento.

Despois cruzamos a estrada cara ao Paseo de Enrique Tierno Galván onde merendamos. Neste entorno do río Trabe, fixemos un percorrido por unha das ribeiras do río observando a flora e fauna que habita nel.

Ao chegar á escola falamos de todo o que vimos e aprendemos, entre outras cousas, que non hai que tirar o lixo o chan e que debemos coidar o medio no que vivimos. Agora hai que poñelo en práctica todos os dias do ano !


  

   

     

   

 

 

Orientacións para as familias

No ambiente familiar se pode estimular a linguaxe dos nenos e nenas de maneira natural e moi eficaz. Vos animo a que leades estas sinxelas orientacións, pinchando nestes adxuntos.




Flota?

Despois do experimento do ovo quixemos comprobar se hai outras cousas que flotan ou afunden na auga.

Collemos varios obxetos e pensamos o que podería pasar con eles, se flotarían ou afundirían. Rexistramos as nosas hipóteses e despois comprobamos. E para rematar o experimento rexistramos os resultados.

Foi moi interesante!

 

Distribuir contido