CRA de Culleredo

Blogues

BACK TO SCHOOL

HELLO AGAIN!

   O noso amiguiño " Cookie the cat" xa visitou todas as escolas e xa coñece a todos os nenos e nenas que comezaron neste curso.

   Mirade como nos queremos e nos saudamos " in English"


 

sentímolo, flash non está dispoñible.

Outono

Xa chegou o outono, na escola probamos algúns froitos carnosos.

 

A ÁRBORE DO OUTONO

 

Ca chegada do outono fixemos unha árbore moi especial mesturando distintas cores : o tronco e as pólas con pisadas e as follas estampando as mans. Para que a árbore non estivera triste os nen@s de 3 anos añadiron unhos cogomelos. Agora temos que terminar de decoralo con máis elementos propios do outono, e xa veredes que chuli nos vai quedar!

 

UNHA VISITA MOI ESPECIAL: A AVIONETA PEPA

Hoxe tivemos unha visita moi especial, o profe Iván chegou a nosa escola acompañado pola Avioneta Pepa, os nenos/as máis pequenos non a coñecían, asi que os maiores explicáronlle que era a mascota do noso cole, Pepa traía un conto moi interesante, que contaba as viaxes que fai polo noso concello e polas escolas do noso CRA, nos saíamos no conto!Así que propúxonos investigar sobre o entorno onde vivimos e aprender xuntos moitas cousas...Xa vos iremos contando...

CREACIÓN DUN PENTAGRAMA MULTICOLOR

Nós, igual que Mozart e Beethoven, queremos escribir música. Así que coa axuda de Casa Melodía construimos un pentagrama multicolor. Quedounos chulísimo!

Nuncabunga

O xoves 18 de outubro realizamos a nosa primeira saída co curso.

Fomos ao Forum Metropolitano ver unha obra de teatro titulada "Nuncabunga". Estivo xenial, gustounos moito!

 

 

Ademáis para esta saída estrenamos os novos panos identificativos que levan o logo da Avioneta Pepa, e na nosa escola son de cor laranxa!

                     

           

Xa temos areeiro!!!!

Por fin temos un areeiro, e disfrutamos moito nel.

 

BENVIDOS A UN NOVO CURSO

Este comezamos presentando aos novos compis: Ainhoa, Matías e Eric.

O primeiro día foi unha xornada de diversión pois xogamos no patio e tamén bailamos cos Cantaxogos.

Pasámolo moi ben!!!

 

Xoel protagonista da semana

Esta semana tocoulle a Xoel ser o protagonista.

Presentouse e contounos moitas cousas sobre el: os seus gustos, a súa comida preferida, parte da súa familia,... foi moi interesante!

Despois na escola averiguamos cantos anos ten, cando é o seu cumple, canto pesa, canto mide, e que talla usa de calzado e de roupa.

Trouxo tamén á escola un acordeón, porque lle gusta moito a música. E ata dou un pequeno concerto e ensinoulles aos compañeiros como se toca este instrumento musical.

Ademais, todos os nenos e nenas da escola fixeronlle un retrato como agasallo.

 

BEETHOVEN

Beethoven compuxo unha música preciosa para unha destinataria que nunca deu a coñecer. PARA ELISA 27 de abril en recordo de Ludwing Van Beethoven.

Podedes ver como A Banda de Mozart traballa con esta preciosa música neste capítulo.

Distribuir contido