CRA de Culleredo

Blogues

HALLOWEEN

 

Let´s learn english and have fun!

Nos últimos días traballamos sobre "HALLOWEEN"...aprendimos vocabulario

 

  Fixemos xogos

Traballamos algunha fichiña e aprendimos cancións.

 

Gaël protagonista

Tocoulle o turno a Gaël de ser protagonista da semana.

Ensinounos unhas fotos e contounos cousas sobre elas e outras que traía anotadas por detrás. Falounos das súa familia, da súa mascota e das cousas que máis  lle gusta facer na casa.

Ademáis trouxo un CD de cancións infantís en francés e dous libros, os seus preferidos. Escoitamos e bailamos as cancións e Gaël ensinounos a saudar en francés porque o seu pai é de Francia.

O venres visitounos a súa nai, Barbara. Preguntámoslle cousas sobre Gaël e ensinounos un baile moi divertido e un xogo, as estatuas! Foi moi divertido!!!

 

MERENDAMOS ARAÑAS!!!

APROVEITAMOS A FESTA DO SAMAÍN PARA PREPARAR UNHAS 'ARAÑAS' MOI PARTICULARES.  FIXÉMOLAS CON  GALLETAS OREO, LEITE CONDENSADA OU CREMA DA GALLETA, LACASITOS E REGALIZ.

ESTABAN BOÍSIMAS. PROBADE E REPETIREIS.

FESTA DO SAMAÍN

 Fixemos unha festa para celebrar un día diferente, así que viñemos disfrazados a escola, unha cabaza,  vampiros, brux@s, esqueletes, monstros, unha pantasma, ..... toda unha colección terrorífica !!!!  Guapos,ehhh!!!!


Celebramos os cumples do mes!

O día 31 de outubro celebramos os cumples de Abebech e Gaël.

Foi unha festa moi especial, unha festa de medo...porque coincidía co día do Samaín.

Nela degustamos o biscoito en forma de araña que fixemos. Estaba delicioso!!!

Parabéns Abebech e Gaël!!!

 

Biscoito de iogur e noces

Para elaborar este biscoito o primeiro foi ver os ingredientes que precisabamos e fixemos a lista da compra.

Para elaboralo tamén usamos as noces que nos regalou Hugo Castro e utilizamos unha cociñeira que nos deixou a familia de Adrián.

 

     

 

Despois de ter todos os ingredientes puxemonos mans á obra!

E como estabamos no Samaín decorámolo como se fose unha araña! Este foi o resultado!

 


O home do saco

Recibimos na escola unha visita moi especial, veu o Home do Saco!

Traia un montón de cousas dentro do seu saco, entre elas o libro O Papón e contounolo.

Ademais díxonos que estaba moi só e queira algún amigo para xogar, pero ningún quixo ir con el, algúns tiñámoslle algo de medo....

 

        

Baleiramos cabazas!

Para celebrar o Samaín baleiramos cabazas. Despois de baleiralas puxémoslles dentro unha vela e vimos como alumeaban. Que medo!!!

Outras das cabazas decorámolas con caras monstruosas!

Este foi o resultado do noso traballo!

 

Abebech protagonista da semana

Tocoulle a Abebech ser a protagonista da semana.

Ensinonos un montón de fotos e explicounos cousas da súa familia e das actividades que lle gusta facer. Foi moi divertido!

Ademais, trouxo tamén unha caixa chea de recordos e obxectos moi significativas para ela.

Na escola averiguamos canto mide e a súa talla de calzado e roupa. E os seus compañeiros  fixéronlle un retrato!

 

BALEIRADO DE CABAZAS

 

       Na semana que dedicamos ao Samaín realizamos unha actividade con cabazas que aportaron os nen@s. Baleirámolas empezando cun corte na parte de arriba semellante a unha boina. Afastamos esta boina e limpamos dentro cunha culler toda a polpa. Tamén puxemos a secar as pipas das cabazas para comelas máis adiante. Decorámolas e quedaronnos moi ben, pero a verdade é que a oscuras e coa candea prendida ...... METEN  MEDO !!!!!!

 

                 

 

Distribuir contido