CRA de Culleredo

BALEIRADO DE CABAZAS

 

       Na semana que dedicamos ao Samaín realizamos unha actividade con cabazas que aportaron os nen@s. Baleirámolas empezando cun corte na parte de arriba semellante a unha boina. Afastamos esta boina e limpamos dentro cunha culler toda a polpa. Tamén puxemos a secar as pipas das cabazas para comelas máis adiante. Decorámolas e quedaronnos moi ben, pero a verdade é que a oscuras e coa candea prendida ...... METEN  MEDO !!!!!!