CRA de Culleredo

Blogues

Pintamos como Joan Miró

Para rematar co proxecto levado a cabo durante todo o curso sobre Joan Miró, pintamos cadros como o facía el, nun lenzo.

Estamos feitos todos uns artistas!!!

 

Pintamos como Joan Miró

Para rematar co proxecto levado a cabo durante todo o curso sobre Joan Miró, pintamos cadros como o facía el, nun lenzo.

Estamos feitos todos uns artistas!!!

 

Electricidade estática

No último experimento do curso comprobamos o que sucedía cando frotamos un globo cunha prenda de roupa e despois o achegamos a nós.

Levamos unha gran sorpresa cando comprobamos que atraía o pelo e se nos poñía de punta!

 

 

Electricidade estática

No último experimento do curso comprobamos o que sucedía cando frotamos un globo cunha prenda de roupa e despois o achegamos a nós.

Levamos unha gran sorpresa cando comprobamos que atraía o pelo e que se nos poñía de punta!

 

          

 

 

NÓS TAMÉN SOMOS APRENDICES ...

Despois de ver o video do "Aprendiz de brujo", nós tamén puxemos o gorro do mago para intentar facer maxia.

Estamos moi guapos!!!

EL APRENDIZ DEL BRUJO

Como remate do curso, estes días estivemos vendo en clase o video "El aprendiz del Brujo" con Mickey Mouse. Ten unha música preciosa.

Queredes velo de novo???


O NOSO MURAL DE ANIMAIS

MURAL DE ANIMAIS on PhotoPeach

Elaboramos este mural, clasificando os animais que trouxemos da casa en domésticos ou salvaxes,como nos sobraron moitos imos facer un diccionario de animais para a nosa escola, cando o teñamos rematado o publicaremos.

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN FAMILIA!

Xuntanza Familiar en Celas on PhotoPeach

O Martes 15 de Maio, como ven sendo a tradición do noso cole, reunímonos todas as escolas que forman o noso CRA e as familias, no parque da Torre de Celas para pasar todos xuntos un día moi especial e celebrar o día das letras galegas. Así, participamos nunha gincana de xogos moi divertidos e actuamos bailando unha canción para que os nosos papás e mamás nos viran, pasámolo en grande!!!!

MÚSICA DE LALALÁ CULLEREDO

Hai un tempo estivemos facendo uns experimentos cos sons, grabamos diferentes audios nas escolas. A profe Mabel coa axuda de Melodía fixeron un conto moi bonito. Queredes velo? Pincha sobre min.

O CLARINETE

Un día preguntámoslle a Melodía se tiña o instrumento que toca Calamardo, ese amigo de Bob Esponja. Díxonos que ía ver que podía facer. E, cando falamos de novo dos instrumentos de vento (os que hai que soprar para que soen), trouxonos un ... CLARINETE!!!! Deixonos miralo e collelo. É moi chulo!!!

Distribuir contido