CRA de Culleredo

Blogues

Parabéns Alba!

O día 9 de abril estivo Alba de cumple, e para celebralo, o primeiro día de cole despois da vacacións trouxonos unha tarta riquísima que fixo coa súa nai.

 

 

Parabéns Alba!!!

 

 

Somos cociñeiros!

Para rematar co tema da alimentación, o último día de clase antes das vacacións, fixemos un biscoito de iogur. Saiunos moi ben, estaba exquisito!!!


 

Temos que dar as grazas a Vanesa, a mamá de Aroa, que levou o biscoito a cocer no forno.

Cociñamos!!!

Antes das vacacións estivemos cociñando, fixemos un biscoito e unha pizza.

Para comezar fixemos uns mandiles para parecer uns autenticos cociñeiros.


      

 

                     

 

O primeiro que fixemos foi un biscoito de iogur.

 

 

E despois fixemos unha rica pizza!

 

 

 

Saiunos todo riquísimo!!!!Somos moi bos cociñeiros!

Temos que dar as grazas á familia de Mariña que nos deiuxou un forno para a escola. E tamén á familia de Imanol e Almudena e a Pilar, unha veciña da escola, que levaron un dos biscoitos e as pizzas a cocer no forno da súa casa. Grazas!

 

 

SABORES

Aquí  estamos clasificando alimentos polo seu sabor:

        ÁCIDO, AMARGO, SALGADO  E  DOCE.

Ademais do sentido do gusto tamén utilizamos os sentidos do tacto, olfacto e vista para coñecer outras propiedades. A continuación coloreamos algúns alimentos e recortamos e pegamos outros.

      Como podedes imaxinar, de todos os alimentos que probamos o que máis nos gustou e repetimos foi o .....DOCE !

Food in CHOEIRA

 

Os nenos e nenas da Choeira axudaron a facer unha tarta a Cookie, Densel e Lulu.

Delicious!!!

sentímolo, flash non está dispoñible.

Xa temos areeiro!!!!

Esta semana estrenamos areeiro na escola. Estivemos todo o recreo xogando nel!

Pasámolo de marabilla!!!!!


 

A nosa Receita de Nadal

Convertímonos en cociñeiros e fixemos unha ábore de Nadal moi especial, de chocolate e lacasitos!Acompañamos este pastel cun zumo de laranxa riquísimo!!

 

UNHA FRAUTA ESPECIAL

Melodía, que é moi boa, enviounos unha frauta máxica pois Amadeus escribiu unha ópera titulada “A frauta máxica”. Vimos un anaquiño desta ópera coas tres mellizas e encantounos. Despois a profe Mabel contounos que a frauta tiña tres pezas: boquilla, corpo e pé … ah e tamén moitas chaves. É unha frauta traveseira!!!

 

Por último, poidemos tocar a frauta … aínda que é moi difícil de tocar!!!


DÍA DA ÁRBORE

O día 21 estivemos en Villa Melania plantando dous castiñeiros que bautizamos cos nomes de SORRISO GRANDE e SORRISO PEQUENO. Despois tivemos un contacontos e unha merenda. O chegar a escola plantamos outra árbore e debuxámola.

Somos uns xardineiros de primeira !


 

Día da árbore

O día 21 de marzo celebramos o Día da Árbore.

Realizamos unha saída a Villa Melania para plantar unhas árbores. Encantounos facer de xardineiros!!!

 

 

Distribuir contido