Skip to Content

instrumentación

Tocamos a "PARA ELISA" no teclado.

O CLARINETE

Un día preguntámoslle a Melodía se tiña o instrumento que toca Calamardo, ese amigo de Bob Esponja. Díxonos que ía ver que podía facer. E, cando falamos de novo dos instrumentos de vento (os que hai que soprar para que soen), trouxonos un ... CLARINETE!!!! Deixonos miralo e collelo. É moi chulo!!!

UNHA FRAUTA ESPECIAL

Melodía, que é moi boa, enviounos unha frauta máxica pois Amadeus escribiu unha ópera titulada “A frauta máxica”. Vimos un anaquiño desta ópera coas tres mellizas e encantounos. Despois a profe Mabel contounos que a frauta tiña tres pezas: boquilla, corpo e pé … ah e tamén moitas chaves. É unha frauta traveseira!!!

 

Por último, poidemos tocar a frauta … aínda que é moi difícil de tocar!!!


QUE DIVERTIDOS OS INSTRUMENTOS DE LÁMINA!!!!

Un día Melodía trouxo ás escolas uns instrumentos moi bonitos, e teñen un timbre moi bonito. Son instrumentos de láminas: o metalófono, o xilófono e o carillón. Que chulos!!

Neles tocamos glisandos e logo improvisamos coa escala pentatónica (non sabemos moi ben que isto da escala pentatónica, só sabemos que a profe Mabel quitounos unas láminas e díxonos que era para que soara bonito).

Distribuir contido


by Dr. Radut