CONTOS QUE DEIXAN PEGADA

O 30 de abril ás 18:00 h no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia haberá unha sesión de contos a cargo de PAVÍS PAVÓS, orientada a transmitir valores, que tratan das diferenzas na sociedade, a homofobia, o racismo, o machismo, as desigualdades,... Contos que, sen querelo, van deixar pegada en quen os escoite.

Esta actividade está organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, dentro do programa Ler conta moito.

RESUMO ACTIVIDADES MES DE ABRIL

O 23 de abril, Día Mundial do Libro, fixemos entrega dos agasallos que nos mandaron dende Bibliotecas Escolares de Galicia.

Tamén tivemos un contacontos por videoconferencia, os alumnos de Primaria contáronlle aos máis pequenos do cole a historia de Don Quixote.

No taller de Rosalía tamén celebramos o 4º Centenario da publicación da 2ª parte do Quixote.

 

PROXECTO "OS ASTRONAUTAS"

Neste terceiro trimestre imos viaxar ao espazo, xa que en astronautas nos imos converter no CRA AMENCER.

Esta actividade para a pizarra dixital foi elaborada a partir do material Canto sabemos! OS ASTRONAUTAS, do Proxecto Os camiños do saber da Editorial Santillana Obradoiro.

 

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Neste ano 2015, o Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra o 2 de abril, en memoria do nacemento de Hans Christian Andersen, lévanos aos países árabes e á palabra e á imaxe creada por dúas mulleres representantes da literatura infantil e xuvenil desa parte do mundo: 

  • Moitas culturas, unha historia, é un texto  de Marwa Obaid Rashid Al Aqroubi, escritora e difusora dos libros infantís nos Emiratos Árabes Unidos.  Traballa pola creación dunha cultura de lectura e por proporcionar libros para nenos e nenas afectadas pola guerra, a inestabilidade política ou os desastres naturais na rexión de Asia Central e Norte de África:

"Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, máis compartimos as mesmas historias"

  • A imaxe que ilustra o cartel do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2015 é de Nasim Abaeian, ilustradora nacida en Isfahán, cidade iraní moi evocadora no mundo dos contos*. Formada en Italia, Sharjah (un dos emiratos integrados nos EAU) e Estados Unidos, actualmente é profesora no departamento de Arte e Deseño da Universidade de Zayed (EAU) e traballa como ilustradora de libros infantis. 

PROGRAMACIÓN ABRIL 2015: MES DOS LIBROS

- 1 DE ABRIL: A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia organiza o Mércores, 1 de abril, as 17:00 h no Auditorio da Casa da Cultura, un espectáculo infantil titulado "Maxia Cómica" da man de Leo Leiño, para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (debido a que o día de celebración, o 2 de abril coincide co Xoves Santo de Semana Santa). Esta actividade está dentro do programa LER CONTA MOITO.

Maxia Cómica é un espectáculo para nenos e adultos, coa participación dos asistentes. Divertida e sorprendente. Sempre con relación aos libros e contando unha historia que une os xogos. Espéranvos a todos, pais e nen@s.

 

- DO 20 AO 30 DE ABRIL: Exposición e intercambio dos libros preferidos dos nosos alumnos; cestas con libros no patio na hora do recreo; Padriños e Madriñas lectores (os nenos e nenas de 1º e 2º curso de primaria leranlle aos máis pequenos as súas lecturas favoritas).

 - 23 DE ABRIL: entrega de agasallos (axendas, marcapáxinas,...).

- TALLER DE ROSALÍA: celebración do 4º Centenario da publicación da 2ª parte do QUIXOTE cunha unidade didáctica elaborada por Ana Martínez Rey e que nós traducimos ao galego.

 Recursos para traballar O QUIXOTE

 

 

 LIM

VIDEOS:

 

 

 

 

DÍA DA AUGA 2015

Para celebrar o Día da Auga escollemos uns debuxos onde se fomenta o uso responsable.

21 de MARZO: DÍA DA POESÍA CON ROSALÍA

Aproveitando os poemas que traballaramos de Rosalía de Castro, fixemos un recitado de poemas.

 

 

 

 

 

 

SEMANA DA PRENSA: DO 9 AO 13 DE MARZO

Dende o 9 ao 13 de marzo, nas aulas traballamos cos xornais de diferentes modos.

 

8 MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Para celebrar o 8 de marzo, DÍA DA MULLER TRABALLADORA, escollemos o conto de Parella guai, A NOSA TERRA.

Algúns nenos fixeron un debuxo para agasallar a súa nai e tamén unha flor con xornais.

 

RESUMO ACTIVIDADES DÍA DE ROSALIA

Nesta presentación podedes ver os debuxos do noso alumnado, debuxaron a Rosalia de meiga, de fada, de pirata, enriba das árbores,...

Concurso "Ilustra o pensamento de Rosalía": estes son os debuxos que fixeron para o pensamento "Oh! Terra, antes e agora, sempre fecunda e fermosa".

Co debuxo seleccionado fixemos un cartel para decorar as tres escolas.