DÍA DA PAZ 2016

Actividades a realizar para o Día da Paz:

  • Mensaxes de paz en galego escritas nunha pomba
  • Videoconferencia coa cantiga Rock da Paz
  • Conto "A pomba Dona Paz"

Estes son algúns dos debuxos que fixeron os nen@s despois de traballar o conto.

OS NOSOS DEBERES

Os venres, os nenos/as de Educación Infantil levamos os deberes (bolsiña con conto da biblioteca) con moita ilusión, facemos verdadeiras obras de arte, aquí vos enseñamos unha mostra.

V CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Aquí están todas as postais presentadas para o concurso deste ano

XOSÉ NEIRA VILAS

Dende a nosa Biblioteca Escolar queremos rendir unha homenaxe a D. Xosé Neira Vilas. Na revista do cole fixemos unha recopilación de actividades.

Pincha na imaxe para acceder

NEIRA VILAS

Ademais tamén traballamos o seu libro Memorias dun neno labrego. Pincha na imaxe

memorias dun neno labrego

 

 

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este curso escolar escollemos estes dous libros para traballar nas aulas a problemática da violencia de xénero: Rosa Caramelo e Avós, ambos da editorial Kalandraka.

rosa caramelo

 

avos

 

 

Estes son algúns dos traballos realizados nas escolas:

escola de san paio

escola de francelos

escola de san cristovo

escola de san cristovo

20 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO

Para celebrar este ano o Día Internacional dos dereitos do neno, os alumnos da escola de San Paio fixeron este video para compartir con todos vós.

 

escola de san paio

escola de francelos

 

 

 

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Para celebrar este ano o Día das Bibliotecas fixemos entrega das novas bolsas que nos mandaron dende a Asesoría de Bibliotecas. Moitas grazas.

SAMAÍN 2015

Na seguinte presentación podedes ver algunhas das actividades que fixemos durante o SAMAÍN.

OS BOLECHAS NA MÁQUINA DO TEMPO

O sábado 10 de outubro ás 18:00 h, os Bolechas actuarán no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia.

Este fin de semana Os bolechas visitan Ribadavia da man do programa Falaredes. Trátase de "Os Bolechas na máquina do tempo" a cal todos os nenos estades invitados. Por suposto a entrada é de balde.
Os Bolechas na máquina do tempo é un espectáculo de monicreques manipulados por actores á vista no que se simulará unha aventura a través do tempo. Braulio mandará a Carlos e a Pili ao futuro na máquina do doutor Apolodoro, que se estraga e acabará por teletransportar os dous irmáns á Prehistoria... O enxeño e a habilidade do público serán claves para axudarlles aos Bolechas a regresar ao presente.

OS BOLECHAS

A actividade ten continuidade na aplicación web Os Bolechas na máquina do tempo, onde os cativos e cativas poden facer o seu propio diploma de viaxeiro no tempo e acceder a xogos e sorteos. Co aliciente de que os asistentes ao espectáculo coñecen en exclusiva unha palabra clave coa que poderán dobrar o premio do sorteo e acceder a dous lotes de libros dos Bolechas, no canto de un, en caso de resultaren premiados.
Os Bolechas propoñen unha nova actividade que mestura teatro e concurso. O espectáculo comeza co descubrimento dun estraño aparello que resulta ser… unha máquina do tempo! Alguén terá que estreala pero todos teñen medo así que rífano e tócalle a Carlos e a Pili probar a estrambótica máquina. Os dous métense nela e os outros irmáns comezan a premer botóns para mandalos ao futuro: van saír feitos uns mozos! E así é. A máquina do tempo funciona!