slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR- PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS

PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS

 

VOTACIÓN PAIS/NAIS : mércores 23 de novembro de 14:00 ás 16:15h

 Nas dependencias de secretaría .

 

CANTAMOS O SAMAÍN

O xoves 27 de outubro tivemos a actuación de Luis Vallecillo. A actuación titúlase "Cantamos o Samaín" e acudiron os nenos de Infantil e Primaria.

 

 

CELEBRAMOS O SAMAÍN E O OUTONO

Nas clases de Infantil e Primaria celebramos a chegada do outono e o Samaín.

OUTONO E SAMAÍN

 

 

AVISO

Os días 31 de outubro e 2 de novembro non hai clase. O día

31 é o DÍA DO ENSINO e o día 2 é un dos propostos polo

centro como non lectivo.

MAGOSTO

O 27 de Outubro os nenos de Infantil e Primaria celebraron o Magosto. Por suposto houbo castañas e moitos xogos.

 

CLUB DE LECTURA DE IMAXES

Novidade para este curso : CLUB de Lectura, pero de IMAXES

Vexo-vexo

Club de lectura de imaxes

Biblioteca escolar do CPI Plurilingüe Virxe do Monte

 

 Moitísima información chega a nós en forma de imaxes, ou de verbas acompañadas de imaxes que proceden de diferentes eidos: da moda e do deseño industrial, da publicidade, da ilustración literaria, da prensa escrita, da prensa televisiva, da Internet, da Arte… Chéganos de maneira constante á retina e ao cerebro sen que nos dea tempo a procesala.

No club de lectura de imaxes Vexo-vexo, aberto a todo o alumnado de ESO e a todo o profesorado do centro, os membros aportan o seu punto de vista sobre as imaxes propostas, sen que se impoña unha lectura única, por cualificada que sexa, para que cadaquén acade as súas propias conclusións sobre o que vei, tendo en conta que a imaxe sempre ten significado cando a mirada é quen de captalo.

As sesións do club teñen lugar na aula de Plástica, os primeiros luns lectivos de cada mes, á hora do recreo de ESO. Nelas, analízanse varias imaxes seguindo certa orde de lectura das mesmas: como está construida –composta- en forma e cor?; que técnica gráfica ou plástica ten sido empregada?; a quen vai dirixida?; que sensacións produce?; que denota e connota a mensaxe que transmite? E tamén certa orde de participación, xa que todos os membros do club queren comunicar os seus descobrementos nas imaxes.

 

REUNIÓN de PAIS/NAIS cos titores/as sobre o comezo do novo curso escolar

     O martes día 4 de outubro serán convocados os pais/nais a unha reunión  coa directora e titores ás 16:00h en Usos múltiples.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer