slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8

FELICES FESTAS

O PERSOAL DO CPI PLURILINGÜE VIRXE DO MONTE DESÉXALLES UNHAS FELICES FESTAS!!

VOLTAMOS O LUNS, 8 DE XANEIRO.

COMUNICACIÓN FESTIVAL DE NADAL

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS

Este ano imos facer o festival de Nadal na casa da Cultura TODO O ALUMNADO do centro (EI,EP,ESO).

O aforo da Casa da Cultura é para 206 persoas e o total do alumnado suma 240. Por iso este ano non fixemos invitación aos actos. No caso de que algún familiar asista, pregamos que non ocupe asentos, nin se sitúe pola parte de arriba porque se necesita espazo.

O alumnado de EP e ESO baixará ás 11:00 h e o alumnado de EI ás 12:00 h.

A dirección

1º de ESO en Lugo

Actividades extraescolares en Lugo. 1º de ESO

O mércores 25 de outubro de 2017, o alumnado de 1º de ESO visitou a exposición Siro: Retrospectiva 1970-2017 no Museo Provincial de Lugo. As caricaturas, retratos, ilustracións humorísticas, paisaxes e estudos de figura humana do artista ferrolán Siro López Lorenzo foron un amplo repertorio de posibilidades de expresión gráfica e plástica para os rapaces, que tomaron, en moitos casos un primeiro contacto cun museo de arte.

Outra actividade desenvolvida na mesma mañá foi a visita aá produtora da Fundación TIC, onde coñeceron os procesos de elaboración de programas e reportaxes audiovisuais no lugar onde fanse realidade: platós, salas de realización e son, de redacción, etc. E, para rematar a experiencia, o grupo foi protagonista do Ticodiario, unha mostra de informativo televisivo no que adoptaron os papeis de presentadores, reporteiros ou enquisados.

A intensa mañá rematou cun recreo polo centro comercial próximo á produtora, onde os rapaces exerceron como consumidores responsables que son, non gastando máis do prudente.

 

 

COMUNICACIÓN SOBRE O "DEREITO Á FOLGA".

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS SOBRE O "DEREITO Á FOLGA".

MAGOSTO INFANTIL E PRIMARIA 2017

O 11 de outubro os nenos/as de infantil e primaria celebramos o Magosto.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer