Complementarias

VISITA A LUGO: FUNDACIÓN TIC E FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA


Todo o centro visitamos Lugo para facer diferentes actividades, a cada unha máis divertida:

DIA DA ÁRBORE 2014

Aínda que cuns días de retraso este luns 24 de marzo prantamos o noso loureiro para conmemorar o Día da Árbore, por nome puxémoslle "Ancariño" como non podía ser doutra forma nesta zona. 

DIA INTERNACIONAL DA MULLER 2014: As tarefas do fogar cousa de todas e de todos

Este ano o 8 de marzo adicouse ás tarefas do fogar para rendir unha homenaxe ás mulleres que durante tantos anos se adicaron a estas tarefas tan necesarias, e moitas veces pouco valoradas e recoñecidas.

FOTOS DO ENTROIDO 2014

Aquí tedes por fin as fotos do entroido: a baixada ao pobo coa lectura do pregón, os desfiles, lectura do testamento e a degustación de postres típicos destas datas.

CHARLA SOBRE AS FORZAS ARMADAS

A pesar da neve e que hoxe só estamos 6 alumnos e alumnas en ESO recibimos a visita dun representante das Forzas Armadas españolas, en concreto do exército do aire. 

Co XOGADE á Fonsagrada

Cunha semana de retraso pola neve e acompañados polo profe de Educación Fïsica Javi e pola nosa directora Ana o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO visitamos hoxe mércores 19 de febreiro A Fonsagrada para xuntarnos de novo co IES desta localidade e co colexio de Navia.

DIA INTERNACIONAL DA PAZ 2014


Despois de estos días en que a neve nos acompañou en todo momento, o venres 31 de xaneiro esperamos poder celebrar o Día Internacional da Paz, este ano adicando unha pequena homenaxe a Nelson Mandela, recentemente falecido en decembro despois dunha vida chea de loitas pola paz e a igualdade. 

PROGRAMA XOGADE: Torneo de pin pon en Navia

Onte, mércores 15 de xaneiro o alumnado de Pedrafita, Navia, Cervantes e A Fonsagrada xúntamos para facer unha xornada deportiva. No caso do noso cole xogamos 5º, 6º e 1º de ESO, acompañados polos profes de Educación Fïsica Juan e Javi.

Distribuir contido