DIA DA ÁRBORE 2014

Aínda que cuns días de retraso este luns 24 de marzo prantamos o noso loureiro para conmemorar o Día da Árbore, por nome puxémoslle "Ancariño" como non podía ser doutra forma nesta zona. 

 Despois os alumnos e alumnas de Infantil e Primaria prepararon unha serie de poemas adicados ás árbores. Ao longo da semana o centro ambientarase cos materiais e traballos creados polos rapaces e rapazas en relación a esta data.