DIA INTERNACIONAL DA PAZ 2014


Despois de estos días en que a neve nos acompañou en todo momento, o venres 31 de xaneiro esperamos poder celebrar o Día Internacional da Paz, este ano adicando unha pequena homenaxe a Nelson Mandela, recentemente falecido en decembro despois dunha vida chea de loitas pola paz e a igualdade. 


Empezaremos a xornada coa lectura dun manifesto pola Paz que prepararon os alumnos e alumnas de 3º de ESO coa axuda de Marisa, a profe de Lingua e Lieteratura Galega e coordinadora do EDLG. Despois as nenas e nenos de Infantil e Primaria cantarán a canción de Maná "Queremos paz" que prepararon coa mestra de música Lucía. Todo esto mentras decoramos o centro expoñendo os nosos traballos relacionados coa paz. 

GALERÍA DE FOTOS

Despois as e os máis pequenos teñen un montón de divertidas actividades sobre a Paz no encerado dixital que preparou a profe Fátima e o alumnado de Secundaria e 3º ciclo verán un vídeo coa biografía de Mandela para o que Rocío, Javier e Jose Manuel Rguez puxeron as súas voces antes de pasar a ver Invictus, unha película sobre Nelson Mandela coa que seguirán traballando toda a próxima semana.

TRAILER INVICTUS