Orientación

COÑECENDO ALGUNHAS INICIATIVAS LABORAIS DO ENTORNO RURAL

Deixámosvos aquí algunhas iniciativas rurais que poden ser interesantes de cara a un futuro laboral non tan lonxano nalgúns casos:

GRANXA FAMILIAR

ESCOLA DE PAIS E NAIS: QUE DEBE SABER UN NENO OU UNHA NENA DE CATRO ANOS

Interesante artigo sobre o desenvolvemento dos nenos e nenas en Idade Infantil con prácticas orientacións para as familias.

ARTIGO DE ALICIA BAYER

DIA MUNDIAL CONTRA A HOMOFOBIA

O 17 de maio celébrase o Día Mundial contra a Homofobia, polo que dentro do Plan Proxecta como centro participante no Querote + os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO vimos o documental "Transexualidade en Irán" e reflexionamos sobre a homosexualidade en diferentes países, no noso propio entorno e sobre como en algúns lugares se chega a considerar unha enfermidade, como é o caso de Irán.

CHARLA DO PLAN DIRECTOR DA GARDA CIVIL

Hoxe 13 de Maio de 2013 recibimos a visita no centro dun axente da Garda Civil para darnos unha charla correspondete ao Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade escolar. Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria ata 4º de ESO recibimos interesantes consellos sobre os riscos de internet e acoso escolar, e sobre drogas e alcohol.

ORIENTACIÓN LABORAL: SAÍDA A LUGO PARA COÑECER O FUNCIONAMENTO DOS CICLOS


A nosa orientadora, Rosa, organizou para o xoves 2 de maio, unha vista aos Centros Integrados de Formación Profesional.

DIA INTERNACIONAL DA MULLER 2013

Con motivo do Día Internacional da Muller este ano decidimos facer unha homenaxe ás mulleres deportistas, especialmente aquelas que chegaron ás Olimpíadas, despois de que este pasado verán as deportistas españolas gañaran 11 das 17 medallas para España.

Distribuir contido