DIA INTERNACIONAL DA MULLER 2013

Con motivo do Día Internacional da Muller este ano decidimos facer unha homenaxe ás mulleres deportistas, especialmente aquelas que chegaron ás Olimpíadas, despois de que este pasado verán as deportistas españolas gañaran 11 das 17 medallas para España.

Coa colaboración do alumnado de 2º da ESO que cursa á alternativa ao Francés (Laura, Luis e Lucía) gravamos un pequeno vídeo onde se narra a historia da muller e o deporte dende as antigas civilizacións. Aquí tedes o resultado: 

A MULLER E OS XOGOS OLÍMPICOS

O centro quedou ambientado con información desta temática, aquí podedes acceder e descargar os carteis:

CARTEIS MULLER E XOGOS OLÍMPICOS

Ademais, en colaboración coa Profesora de Lingua Galega en ESO, os rapaces e rapazas fixeron parte dos carteis coas biografías das 11 medallistas españolas de Londres 2012.

Con toda esta información tanto os alumnos e alumnas de ESO coma de Primaria (aínda que por mor da neve tivo que apracerse uns días con estes últimos) participan nunha CARREIRA DE ORIENTACIÓN por todas as instalacións do centro seguindo un plano onde se indican as diferentes estacións polas que teñen que ir pasando e nas que hai unha proba que pasar: unha pregunta sobre a temática deste ano para o 8 de Marzo. Ao final da carreira cada un/unha das participantes recibe unha medalla pola súa colaboración.

Na GALERÍA DE IMAXES podedes ver as fotos.

En Educación Infantil están previstas para o xoves 14 de marzo varias actividades:

- Choiva de ideas sobre qué son as olimpíadas, cal é a súa orixe, quén participa, qué probas hai, a importacia de participar ou de gañar,... 

- VÍDEO POCOYOLIMPIADAS

- LIM sobre as Olimpíadas

- Olimpíadas para todas e todos: carreira, salto, etc.