CONSELLOS PARA ESTUDAR OS EXAMES DE SETEMBRO EN VERÁN

CANDO ESTUDAR?
Elixe unha hora e respétaa. Pola mañá é máis habitual render máis. Eso sí, non esquezades almorzar e respecta as horas de sono!! Elixe unha hora para empezar (sobre as 9 ou as 10) e mantena, o tempo adicado dependerá do número de pendentes. Fai un horario realista e reserva un tempo diario para cada materia. Podes poñelo a proba unha semana e logo mellorar os puntos febles que detectes.O tempo marcado para o estudo debes respectalo.

 

ONDE?
Nun lugar de estudo tranquilo e cómodo.Preferiblemente  un sitio fixo, sen ruidos, con boa luz e con suficiente ventilación para non pasar calor. 

 

QUE NECESITO?
Ten a man todo o material para centrarte e non levantarte continuamente a buscar algo. 

 

POR ONDE EMPEZO?
Empeza a traballar polas áreas ou temas que consideres de dificultade media, segue co más difícil e acaba co máis fácil. Podes facer descansos de 5 minutos pero non máis longos para evitar descentrarte. Repasa todos os días.

 

… e disfruta do verán que se te organizas ben hai tempo para todo