Complementarias

VISITA DA PROFE LUCÍA

Hoxe tivemos unha visita moi pero que moi especial. A nosa profe Lucía, que xa leva 3 anos lonxe de Pedrafita, fíxonos unha visita acompañada das súas compañeiras Marisa e Inma. Xunto con elas 50 nenos e nenas chegaron ao noso cole para ter unha pequena sesión de convivencia á última hora da mañá con xogos organizados polo profe Juan. Despois compartimos uns pinchos no comedor e probamos os postres de mazá chegados dende Padrón, agasallo da nosa estupenda visita. Antes de acabar aínda nos deu tempo a xogar un partidiño de fútbol entre os dous coles no polideportivo.

ESTREAMOS "DENDE O NOSO" E , DE PASO, VISITAMOS A WARNER

Por fin chegou o día, o noso esperado documental está listo e chegou á hora de presentalo. Tal e como o noso documental merece, comezamos ao grande: A cineteca de Madrid, un lugar precioso, modernista, cheo de arte e de creacións artísticas. Un lugar ademais con moita historia, a do antigo Matadero de Madrid, que dá nome a esta zona da capital. Alí nos esperaban Marcos, Lucía e Nuria, para apoiarnos e animarnos. O nivel foi altísimo, vimos tanto documentais como películas de ficción, dun nivel incrible.

VISITA ANUAL Á FEIRA DE PEDRAFITA

Como cada ano, por iniciativa de Olga e invitación do cole baixamos á Feira de Pedrafita para comer unhas racións de polbo, algo de churrasco (sempre con criollos claro) e este ano, os pequenos tamén tivemos xeados. Que rápido nos pasou o tempo! E o ben que comemos!!

LETRAS GALEGAS 2018: MARIA VICTORIA MORENO

Este curso a nosa entrada encheuse pola celebración das letras galegas de libros e imaxes de María Victoria Moreno. Os maiores traballamos cos seus libros seleccionando fragmentos e os pequenos a partir do seu libro Cataventos seleccionamos ilustracións representativas.

 

SESIÓN 20: ULTIMA SESIÓN. PECHANDO O CINE NA MONTAÑA

O martes 15 de maio gravamos os últimos planos e travellings antes de que o sol caera para que o mércores 16 fose posible acabar a montaxe. O mellor será que chegado o momento sexades vós os que valoredes o noso documental que en xuño vos presentaremos. A nós parécenos impresionante, o resultado, todo o que conseguimos co noso traballo, ... non adiantamos máis. Agora queda traballar nas diferentes presentacións que imos facer del: Madrid, A Coruña, Pedrafita, etc.

SESIÓNS 18-19 DE CINEMA NA MONTAÑA: EDICIÓN E AUDIOS. SPRINT FINAL!

Este xoves 3 e venres 4 de maio traballamos por grupos na edición do noso documental. Centrámonos moito esta vez nos textos, nas voces que van acompañar as nosas imaxes. Difícil de crer todo os sentimentos do que van cargadas as nosas verbas! Tocou tamén reflexionar en grupo sobre a presentación que temos que facer tanto en Madrid coma no CGAI en A Coruña. Queda pouco tempo e moitas cousas que concretar pero todos estamos dacordo en que o resultado está sendo espectacular!

Distribuir contido