OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS CON PABLO PINTOR

Grazas a Dolores, a nosa representante do Concello no Consello Escolar e tamén integrante da Asociación Xistra, contamos con outro membro desta asociación, Pablo que chegou ao centro cargadiño de obxectos que atopamos en calquera casa coma tuberías, palliñas, follas,.. e tamén de instrumentos musicais pouco habituais. Durante case dúas horas, nas que desfrutamos moitísimo experimentando, escoitando e observando, aprendemos que podemos facer música con case calquera cousa. Moitas grazas pola túa visita e mantemos as portas abertas para unha nova visita.