ESTREAMOS "DENDE O NOSO" E , DE PASO, VISITAMOS A WARNER

Por fin chegou o día, o noso esperado documental está listo e chegou á hora de presentalo. Tal e como o noso documental merece, comezamos ao grande: A cineteca de Madrid, un lugar precioso, modernista, cheo de arte e de creacións artísticas. Un lugar ademais con moita historia, a do antigo Matadero de Madrid, que dá nome a esta zona da capital. Alí nos esperaban Marcos, Lucía e Nuria, para apoiarnos e animarnos. O nivel foi altísimo, vimos tanto documentais como películas de ficción, dun nivel incrible.
Nós presentamos pola tarde, foi precioso ver "o noso pequeno mundo nunha gran pantalla" como dixo Vanessa, e escoitar os sons, as voces, os silencios,... A experiencia inesquecible!!

Pero tivemos sorte e ademais de poder experimentar este momento, os profes Permuy, Mª José e Rocío, a dire, leváronnos ao Parque Warner en Madrid. Que ben o pasamos!!! Por nós mañá mesmo estabamos de volta, aínda que a moitos de nós non nos quedan apenas atraccións nas que montar, ollade: