PÁXINAS WEB DE UTILIDADE PARA ESTUDANTES DE INGLÉS

Na rede podemos atopar moitísimas páxinas web con materiais interesantes que complementan moi ben o que se vai aprendendo nas clases. Estas son algunhas que nos pareceron que podían interesarvos: MATERIAL COMPLEMENTARIO PARA OS LIBROS DE TEXTO:·         http://www.burlingtonbooks.es/ Desde esta páxina, moi mellorada ultimamente, podedes acceder á sección Students, na que podedes descargarvos fichas de repaso de cada lección de ESO e bacharelato en pdf (están centradas nos contidos gramaticais e teñen as solucións) ou ben baixarvos os arquivos mp3 das lecturas editadas por eles. Convén botarlle unha ollada. Se tedes tempo están ben os enlaces a páxinas de interese, diccionarios e outras máis. EXERCICIOS VARIADOS:·        http://www.mansioningles.com/ Esta é unha das páxinas máis antigas e con máis material variado para practicar inglés: gramática, vocabulario, exercicios, listenings, etc. e con enlaces a outros materiais.·        http://a4esl.org/ Neste sitio web hai multitude de actividades, xogos, exercicios de vocabulario, tradución, gramática, xogos, podcast, etc. E todo gratis.·        http://www.telefonica.net/web2/eseducativa/indiceingles.html Esta páxina tamén ten multitude de actividades interesantes de repaso de todos os niveis da ESO, diversificación, etc.·        http://centros6.pntic.mec.es/cea.pablo.guzman/Ingles.htm Esta páxina permite practicar a fonética en inglés. Hai varias presentacións nas que se ven os símbolos, vogais e consoantes.·        http://www.isabelperez.com/clil.htm Esta profesora ten moitos recursos interesantes a disposición de estudantes e profesores de inglés.·        http://www.bbc.co.uk/worldservice/learningenglish/ A BBC mantén esta páxina na que hai actividades, de nivel algo elevado para a ESO para promover a ensinanza do inglés. Moi recomendable para ler temas de actualidade adaptados para estudantes de inglés.·        http://www.vocabulary.com  A que non sabedes de que son estes exercicios?·        http://www.theholidayzone.com/main.html Contén actividades curiosas en inglés.·        http://www.infoplease.com Páxina con materiais en inglés para estudantes: dicionarios, mapas, enciclopedias, etc. Está pensada para falantes de inglés pero os contidos son sinxelos e pode ser útil para alumnos de Sección bilingüe de sociais. VARIOS (MÚSICA, VÍDEOS, ETC.)·        http://www.etwinning.es ou http://www.etwinning.es Estas páxinas están deseñadas para profesores pero, sen rexistrarse, pódense ver moitos proxectos realizados por alumnado de toda Europa, moitos dos cales están en inglés (tamén en francés, italiano, alemán ou mesmo español). Algúns traballos realmente merecen a pena.·        http://www.leoslyrics.com/ Esta é a túa páxina se o que queres é atopar as letras en inglés ás cancións que che gustan. Tamén podes introducir nun buscador o título da canción e mais “lyrics”.·        http://www.bbc.co.uk/videonation/archive/ Esta páxina da BBC permítenos ver vídeos en inglés moitos dos cales están subtitulados. Hai que ter o programa Realplayer instalado no ordenador.·        http://www.youtube.com Desde aquí podemos ver moitos vídeos en inglés, programas da TV, etc.