Skip to Content

Axudas para o alumnado con NEAE

Aberto o prazo de solicitude de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) para o próximo curso 2024-2025.

becas neae

Como solicitala? A través de internet premendo aquí

 

Que prazo teño? Desde o 30 de abril ata o 13 de setembro.

 

Se tes algunha dúbida, podes consultar co departamento de orientación do centro.

Certame Intercentros - XXVI Edición

Un ano máis, celébrase o Certame Intercentros, que reúne aos centros educativos de Pontecesures, Valga e Catoira, para conmemorar o Día das Letras Galegas. Nesta ocasión encárgase da organización do mesmo a ANPA do CPI de Pontecesures.

Deixámosvos o enlace á nova recollida no Blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega "O trasno paroleiro".

Certame Intercentros

Publicación das Listaxes Provisionais do Proceso de Admisión do Alumnado. Curso 2024 - 2025

logo documentación

Segundo o recollido nas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión de alumnado, a consulta por parte das familias das listaxes provisionais e definitivas só se poderá realizar de forma:

a)      PRESENCIAL no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar, ou

b)    NON PRESENCIAL única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.

prazo de reclamacións é de 1 mes contados a partir do seguinte ao da súa publicación ante a Xefatura Territorial de Pontevedra.

 

As listaxes non se farán públicas a través desta web seguindo o protocolo de protección de datos.

 

Xogade...agora en Pontecesures

Retomamos a actividade escolar recordando o encontro do Programa Xogade entre o alumnado de 5º do CPI do Progreso (Catoira) e o alumnado, do mesmo curso, do noso centro.

Deixámosvos o enlace á nova que recolleron os compañeiros do Trasno Paroleiro

 

Xogade en Pontecesures

Vacacións de Semana Santa

O centro permanecerá pechado nas vacacións de Semana Santa. Recordade que voltamos ás aulas o vindeiro martes 2 de abril.

Felices festas de Pascua e bo descanso!

ovos de pascua

Convocatoria Becas MEC para o curso 2024 - 2025

becas mec 2024 - 2025

Beneficiarios: alumnado que para o vindeiro curso cursen ensinanzas de Bacherelato, Formación Profesional Básica e Formación Profesional.

Prazo de presentación de solicitudes: 19 de marzo ás 09:00 h. ata o 10 de maio ás 15:00 h.

Formas de presentación: electrónica.

Para máis información sobre a convocatoria pica aquí.

Escola de Nais e Pais

Cartel da Charla infomativa da Escola de Nais e PaisDentro das actividades propostas para a Escola de Nais e Pais organizouse, para o vindeiro luns 18 de marzo ás 20:00 h, unha charla formativa para familias que abordará a problemática do uso tecnolóxico. Nesta abordaranse temáticas de especial interese como son os diferentes riscos na rede; as medidas de prevención que, como responsables de menores, se poden tomar; as idades recomendadas así como os tempos; e o establecemento de normas de uso.

Esta charla terá lugar no Concello de Pontecesures.

 

Pode consultar máis información nos ficheiros adxuntos, onde atopará tanto o cartel da actividade como unha nota informativa.

Fai viral a POESÍA!

Neste curso, o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega quixo ofrecernos un abano máis amplo para este reto que está a ser xa unha celebración clave no noso centro.

Díptico Fai viral a POESÍA

Podes descargar o díptico no documento adxunto.

Programa Xogade no CPI Progreso

O pasado 29 de febreiro, o alumnado achegouse ao CPI Progreso de Catoira para practicar varios deportes colectivos. Este programa da Consellería ten como finalidade principal a organización de actividades físico-deportivas entre distintos centros. O programa quere promocionar a saúde, a convivencia, o esforzo e o divertimento que, como se pode ver nas fotografías, foi un obxectivo acadado tanto polo noso alumnado de 6º de E.P. como polos seus compañeiros de Catoira.

Xogade en Catoira

Relación de vacantes curso 2024/2025

 

Relación de vacantes iniciais para o curso 2024/2025 do CPI de Pontecesures

 

 

EDUC. INFANTIL

 

 

4º EI (3 anos): 17 + 3 NEAE 

5º EI (4 anos): 12 

6º EI (5 anos): 8 

 

 

EDUC. PRIMARIA

 

 

1º Primaria: 10 + 3 NEAE 

2º Primaria: 4 

3º Primaria: 5 

4º Primaria: 0 

5º Primaria: 2 

6º Primaria: 1 

 

 

EDUC. SECUNDARIA

 

1º ESO: 10 + 3 NEAE 

2º ESO: 11 

3º ESO: 7 

4º ESO: 0 

O prazo de presentación de solicitudes para a preinscrición para alumnado de nova matrícula no CPI de Pontecesures para o vindeiro curso 2024/2025 será do 1  ao 20 de marzo.


A publicación de listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido realizarase o 25 de abril.

A publicación de listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido realizarase o 15 de maio.

O prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e educación primaria será do 20 ao 30 de xuño.

 

Para acceder aos arquivos adxuntos e á lexislación que regula o proceso de admisión pica en leer máis.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut