Skip to Content

25 de novembro

O alumnado de 5º de Educación Primaria, para conmemorar este 25 de novembro, inventou unha letra para a coñecita melodía "Tres hojitas madre" ("Inés, Inés, Inesita, Inés").

Escoitádea con atención pois mandan unha potente mensaxe que, a pesar dos esforzos feitos pola sociedade, inda non conseguimos que esas actuacións das que falan quedaran nun mal recordo.

Noraboa por esta magnífica peza musical!

 

Magosto

Como cada ano, e a pesar das condicións meteorolóxicas adversas, no centro non quixemos deixar pasar a oportunidade de celebrar o noso tradicional magosto. Pica na imaxe para acceder á nova que recolleron os compañeiros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

pictograma do magosto

Gañadoras e gañador do concurso "Está de medo"

Xa se coñecen as persoas gañadoras do concurso "Está de medo". Queremos darlles a noraboa polo seu magnífico traballo e tamén ao resto de participantes pola súa gran labor.

Para descubrir quenes son preme na seguinte imaxe.

Carteis samaín

2ª Edición do concurso "Está de medo!"

Xa podes ver no Blog do Trasno Paroleiro os traballos realizados polo alumnado en canto á participación no concurso. 

En breve poderemos saber quenes son as gañadoras e gañadores desta edición.

Moita sorte a todas e todos!

Curso 2023 - 2024

O luns 11  de setembro iniciamos o curso 2023 - 2024 comenzando as clases no horario de sempre, que ten establecido o centro.

 horario do centro

 

ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

O alumnado de infantil entrará e sairá polo portal de sempre, zona de administración, e nas mesmas condicións que o curso pasado. O portal abrirase ás 8:55 h e as 13:55 h, respectivamente, para facilitar as entradas e saídas ao recinto escolar.

No caso do alumnado transportado, este será vixiado polo profesorado para este fin.

 

ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O alumnado entrará e sairá polo portal de sempre, zona do Pino Manso, acompañado das familias. O portal abrirase ás 8:55 h e ás 14:00 h, respectivamente, para facilitar as entradas e saídas ao recinto escolar. O alumnado estará acompañado en todo momento polas súas familias mentres non toque o timbre, excepto no caso do alumnado de 5º e 6º que conte con autorización para entrar e saír sós.

No caso do alumnado transportado, este será vixiado polo profesorado para este fin.

 

ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA

O alumnado poderá acceder ao recinto escolar a partir das 8:55 h e o martes pola tarde a partir das 16:35 h.

No caso do alumnado transportado, este será vixiado polo profesorado para este fin.

 

Para visualizar o plano de portais e portas de acceso, ver o documento adxunto. 

 

*NOTA:

Ao igual que o curso anterior o alumnado fará horario completo.

Ás 9:05h terán a presentación co profesorado titor e dende as 9:55h ata ás 14:45h terán as demais clases que se lles explicará no horario de titoría. 

Para o primeiro día terán que levar o material necesario para facer as anotacións que lles indique o profesorado.

 

  

Dámoslle a todas e todos unha afectuosa benvida.

Fondo Solidario de Libros de Texto e Recollida de Vales

logo documentación1. Hoxe mércores 12 de xullo, publicouse no taboleiro de anuncios do centro as listaxes provisionais de alumnado admitido do fondo solidario de libros de texto, tanto de primaria como de secundaria. Poderán consultalas en horario de 10:00 a 13:00 no taboleiro de anuncios do centro ou aquelas persoas que o fixesen en liña, poderán consultalas na aplicación do fondo solidario.

2. No caso de que quedase alguén excluído, o período de reclamacións é do 13 ao 14 de xullo, ambos inclusive.

3. Pasado o período de reclamacións, publicaranse o luns 17 de xullo, as listaxes definitivas de primaria e ESO. Poderán consultalas no taboleiro de anuncios do centro, en horario de 10:00 - 13:00 ou en liña se o solicitaron por vía electrónica. Por recomendación do centro non merquen ningún libro ata que saia a listaxe definitiva

4. As persoas beneficiarias dos vales para a compra de material de 1º de EP a 4º da ESO deberán recollelos persoalmente os pais/nais/titores/as ou poderán autorizar a unha terceira persoa. Ditos vales estarán dispoñibles dende o martes 18 ata o venres 21 de xullo. No caso de que non poidan recollelos nesas datas poderán facelo a partir do 1 de setembro.

 

Libros de texto para o curso 2023/2024 (Educación Infantil, Primaria e Secundaria)

logo documentacionXa pode consultar os libros de texto para o vindeiro curso académico 2023/2024.

Acceda aos documentos adxuntos nesta nova.

Distribuir contido


by Dr. Radut