Skip to Content

Animación á lectura

No pasa nada

O alumnado de 1º de Educación Primaria contoulle o conto "No pasa nada", de Xabi López, ás rapazas e rapaces de 2º da ESO.

 

E para que ninguén perda nin un so detalle deste magnífico conto, deixámosvos un vídeo onde o alumnado de 1º narra a historia á vez que pasan cada unha das súas páxinas.

 

LETRAS GALEGAS 2023: XXV Certame Literario Intercentros. Concellos de Valga, Pontecesures e Catoira

 

Francisco Fernandez del Riego

Despois de uns anos de parón, retomamos con ilusión o certame literarioIntercentros para celebrar o Día das Letras Galegas. Esta cooperación entre centros ten como finalidade exaltar a nosa lingua, fomentar a súa normalización e apoiar ó alumnado con grandes capacidades literarias para animalos a que continúen co seu desenvolvemento.

O homenaxeado das Letras Galegas 2023 é Francisco Fernández de Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 – Vigo, 2010) escritor, ensaísta, intelectual, político e fundador da Editorial Galaxia 

PARTICIPANTES

Poderán participar o alumnado de 3º,4º,5º e 6º de primaria dos centros CEIP de Baño–Xanza, CPI Pontecesures, CEP Xesús Ferro Couselo e CPIProgreso.

BASES

O alumnado que teña interese en participar deberá entregar un traballo literario no seu centro. Estes poderán ser conto,poesía, narrativa,banda deseñada ou teatro.

Conto,narrativa,banda deseñada e teatro serán de temática libre cunha extensión máxima de 2 folios (4carillas).

- Poesía,de temática e métrica libre, cunha extensión máxima de 1 folio (2carillas).

Os textos serán manuscritos e integramente en galego. Deben ser orixinais, sendo excluídos aqueles que teñan fragmentos ou partes de outros textos. Indicar ó principio de cada traballo: Nome completo,curso e centro. 

CATEGORIAS AGASALLOS

Repartiranse catro premios por categoría (3º,4º,5º e 6º de primaria) que corresponderá a un por cada centro participante e categoría.

No acto farase entrega dun diploma co posto acadado,trofeo e un agasallo. 

Concurso de marcapáxinas

Cartel concurso marcapaxinas

Para celebrar o Día da Poesía e o Día do Libro, dende o Equipo de Biblioteca ofértannos a participación nun concurso de marcapáxinas, no que convidan a participar a todo o alumnado.

Se clicas no adxunto terás toda a información deste concurso.

Encontro con Susa Herrera

Esta semana visitounos, na biblio do cole, a gran Susa Herrera. O alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria pasámolo xenial cantando e bailando con ela os seus "Cantos animais".

Se alguén quedou con gañas de seguir cantando na casa, podedes atopar o seu libro en cantosanimales.libroslar.com

Alumnado con Susa Herrera

As historias da Historia (ACTUALIZADO)

O noso centro está integrado no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) e, por iso, cada ano se crea un proxecto común que integra ao alumnado e profesorado onde todos os equipos se implican e traballan de forma conxunta e coordinada.

Neste curso 2021-2022 o noso proxecto é...

As historias da Historia

A Historia permite que coñezamos o pasado para entender o presente e proxectarnos ao futuro con leccións aprendidas e retos por lograr. Estudiar a Historia desperta e cultiva a curiosidade e axúdanos a entender mellor os procesos sociais.

As actividades propostas adaptáronse ás tres etapas que conforman o noso centro e nesta nova poderás ver moitas delas, a medida que se vai actualizando, como resumo deste ano académico.

Non te esquezas de darlle a leer máis para gozar de todo o traballo realizado neste curso.

libros antigos

Contacontos con Paco Nogueiras

Hoxe tivemos unha visita moi especial no cole. Paco Nogueiras veu a vernos para facernos gozar das súas historias, dos seus contos, da súa música e da súa alegría. 

Clica na seguinte imaxe para ver como foi esta actividade.

Actividade Paco Nogueiras

Encontro con Pere Tobaruela

Hoxe, 27 de abril, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria recibiron a visita do escritor Pere Tobaruela para explicar o proceso de escritura dun libro.

Rematou a sesión cunha firma de libros.

 

Superpreguiceiro

O alumnado de 1º de Educación Primaria ven de representar a obra "O superpreguiceiro", unha peza teatral insipirada no conto realizado por Xenaro o curso 2020-2021.

Ademais, para amosarnos a súa destreza coa Lingua de Signos, decidiron facer tamén accesibe esta obra para persoas xordas.

Esperamos que vos guste.

 

Apadriñamento lector

O pasado 29 de marzo, alumnado de 1º da ESO fixo o seu apadriñamento lector a Educación Infantil, interpretando o coñecido conto "Cocorico". 

Teatro Cocorico para Educación Infantil

Novo RETO da Biblioteca

Seguimos cos retos de Biblioteca. Busca a resposta e anímate a participar!

Reto Biblioteca

Distribuir contido


by Dr. Radut