Skip to Content

Secretaría

Fondo solidario e axudas para os libros de texto e material escolar

logo documentaciónNa Orde do 7 de maio de 2024, publicada no DOG do 20 de maio, regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto, as axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Presentación de solicitudes (do 22 de maio ao 21 de xuño, ambos inclusive), escollendo unha das modalidades:

- Vía electrónica: a través da sede electrónica da Xunta.

- Vía presencial: nos centros docentes con toda a documentación requirida xa fotocopiada para axilizar o proceso de entrega.

Documentación necesaria para tramitar o proceso:

- Anexo I e II

- Copia do libro de familia ou equivalente.

- Outros (de ser o caso): fotocopia de sentencia xudicial e/ou convenio regulador en caso de separación/divorcio; certificado recoñecemento de discapacidade non expedido pola Administración autonómica.

Para máis información clica en http://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Publicación das Listaxes Provisionais do Proceso de Admisión do Alumnado. Curso 2024 - 2025

logo documentación

Segundo o recollido nas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión de alumnado, a consulta por parte das familias das listaxes provisionais e definitivas só se poderá realizar de forma:

a)      PRESENCIAL no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar, ou

b)    NON PRESENCIAL única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.

prazo de reclamacións é de 1 mes contados a partir do seguinte ao da súa publicación ante a Xefatura Territorial de Pontevedra.

 

As listaxes non se farán públicas a través desta web seguindo o protocolo de protección de datos.

 

Relación de vacantes curso 2024/2025

 

Relación de vacantes iniciais para o curso 2024/2025 do CPI de Pontecesures

 

 

EDUC. INFANTIL

 

 

4º EI (3 anos): 17 + 3 NEAE 

5º EI (4 anos): 12 

6º EI (5 anos): 8 

 

 

EDUC. PRIMARIA

 

 

1º Primaria: 10 + 3 NEAE 

2º Primaria: 4 

3º Primaria: 5 

4º Primaria: 0 

5º Primaria: 2 

6º Primaria: 1 

 

 

EDUC. SECUNDARIA

 

1º ESO: 10 + 3 NEAE 

2º ESO: 11 

3º ESO: 7 

4º ESO: 0 

O prazo de presentación de solicitudes para a preinscrición para alumnado de nova matrícula no CPI de Pontecesures para o vindeiro curso 2024/2025 será do 1  ao 20 de marzo.


A publicación de listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido realizarase o 25 de abril.

A publicación de listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido realizarase o 15 de maio.

O prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e educación primaria será do 20 ao 30 de xuño.

 

Para acceder aos arquivos adxuntos e á lexislación que regula o proceso de admisión pica en leer máis.

 

Fondo Solidario de Libros de Texto e Recollida de Vales

logo documentación1. Hoxe mércores 12 de xullo, publicouse no taboleiro de anuncios do centro as listaxes provisionais de alumnado admitido do fondo solidario de libros de texto, tanto de primaria como de secundaria. Poderán consultalas en horario de 10:00 a 13:00 no taboleiro de anuncios do centro ou aquelas persoas que o fixesen en liña, poderán consultalas na aplicación do fondo solidario.

2. No caso de que quedase alguén excluído, o período de reclamacións é do 13 ao 14 de xullo, ambos inclusive.

3. Pasado o período de reclamacións, publicaranse o luns 17 de xullo, as listaxes definitivas de primaria e ESO. Poderán consultalas no taboleiro de anuncios do centro, en horario de 10:00 - 13:00 ou en liña se o solicitaron por vía electrónica. Por recomendación do centro non merquen ningún libro ata que saia a listaxe definitiva

4. As persoas beneficiarias dos vales para a compra de material de 1º de EP a 4º da ESO deberán recollelos persoalmente os pais/nais/titores/as ou poderán autorizar a unha terceira persoa. Ditos vales estarán dispoñibles dende o martes 18 ata o venres 21 de xullo. No caso de que non poidan recollelos nesas datas poderán facelo a partir do 1 de setembro.

 

Libros de texto para o curso 2023/2024 (Educación Infantil, Primaria e Secundaria)

logo documentacionXa pode consultar os libros de texto para o vindeiro curso académico 2023/2024.

Acceda aos documentos adxuntos nesta nova.

MATRÍCULA DO CURSO 2023 - 2024 (ACTUALIZADO)

Siga as instruccións que se dan na seguinte táboa para facer efectiva a matriculación.

NOTA: Se non pode imprimir os documentos pode recollelos na administración do centro.

datas matricula 2023

matricula2-2023

* Se non ve correctamente esta táboa pode consultar os datos no documento adxunto "horario_matricula"

Becas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Curso 2023 - 2024

logo documentación

Convocadas as becas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (neae) para o curso 2023 - 2024.

 Poden solicitarse do 8 de maio ao 20 de setembro do 2023.

Todo o proceso de solicitude da bolsa farase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

 

NOVIDADE_ Subsidio para Gastos Adicionais de Carácter Xeral: para todos os solicitantes que acrediten necesidade específica de apoio educativo (neae), segundo os requisitos establecidos na convocatoria, de 400 €.

Publicación das Listaxes Provisionais do Proceso de Admisión do Alumnado

 

logo documentación

Segundo o recollido nas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión de alumnado, a consulta por parte das familias das listaxes provisionais e definitivas só se poderá realizar de forma:

a)      PRESENCIAL no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar, ou

b)    NON PRESENCIAL única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.

O prazo de reclamacións é de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

Circular Informativa - Eleccións ao Consello Escolar

logo documentaciónAchégase unha circular desde a dirección do centro que contén información de interese para o proceso de renovación dos representantes (nais/pais) do Consello Escolar. No documento adxunto pódese visualizar a temporalización do proceso e os puntos destacables do mesmo.

Becas e axudas para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo

Logo documentaciónPara solicitar unha beca ou axuda para alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo (NEAE) neste curso 2022/2023 compre ter en conta:

- Prazo de presentación de solicitudes: dende o 19 de maio ata o 30 de setembro.

- Persoas que poden solicitar esta axuda. As axudas no 2022/2023 están dirixidas a persoas que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:

  • Discapacidade
  • Trastorno grave de conduta
  • Trastorno do espectro autista
  • Altas capacidades
  • Trastorno grave da comunicación e da linguaxe

Pode consultar toda a información no seguinte enlace:

Becas e axudas para alumnado con NEAE

Para calquera dúbida, poñerse en contacto co Departamento de Orientación do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut