Skip to Content

Recomendámosche

Recomendacións lectoras curso 2021 - 2022

Como cada final de curso, o Equipo de Biblioteca, fainos as súas recomendacións lectoras para facer máis levadeiros os días de verán.

Accede a elas con este enlace.

Recomendacións lectoras

Como cada ano, o Equipo de Biblioteca quere agasallarnos coas súas recomendacións lectoras. Seguro que entre todas elas podes atopar un deses libros que farán que a túa imaxinación voe alto e que as horas pasen sen apenas decatarte.

 

Recomendacións lectoras do curso 2020/2021

Desde o Equipo de Bilblioteca fannos estas recomendacións lectoras para disfrutar dos libros neste verán. Pica nos enlaces seguintes para acceder ás recomendacións da túa etapa educativa.

Enlace ás Recomendacións Lectoras de Educación Primaria.

Enlace ás Recomendacións Lectoras de Educación Secundaria.

Formación para as familias

O Centro de Formación e Recursos (CFR) de Pontevedra ofrece ás familias a posibilidade de formación gratuita no seu acompañamento ao alumnado e no coñecemento de ferramentas tecnolóxicas que enriquecen a experiencia de aprendizaxe dende os fogares.formación familias CFR

Adxuntamos nesta nova o cartel informativo facilitado dende o CFR.

Para poder acceder aos recursos podedes facelo desde o código QR ou desde o enlace que se amosa a continuación. Pica aquí.

Aquelas familias interesadas en participar nunha formación por parte dos asesores do CFR cubride o seguinte cuestionario. (CUBRIR SOLO OS INTERESADOS/AS)

Data e hora límite para cubrir o cuestionario: martes 10 de novembro, ás 16:00h.

 

Encontro con Eli Ríos

Os membros do club de lectura tiveron un encontro con Eli Ríos para falar da súa obra DX. Falaron de diversidade sexual, identidade de xénero, expresión do xénero, bixénero, axénero, terceiro xénero...

Tiveron tempo tamén de xogar e facer creación literaria!

Ao final da sesión, foto de grupo e firma de exemplares.

Unha mañá produtiva!

 Encontro con Eli Rios

O TREN DA LINGUA

TRABALLO REALIZADO POLO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, NO QUE PARTICIPOU TODO O CENTRO.

ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES

http://www.youtube.com/watch?v=dQJowxpVb-4

Distribuir contido


by Dr. Radut