Skip to Content

Vacacións de Semana Santa

O centro permanecerá pechado nas vacacións de Semana Santa. Recordade que voltamos ás aulas o vindeiro martes 23 de abril.

Felices festas de Pascua e bo descanso!

ovos de pascua

Easter Eggs

A sección bilingüe de 1º e 2º de Educación Primaria celebrou nestes días o Easter Eggs, unha forma diferente (e saborosa) de conmemorar a nosa afamada Pascua. Estamos seguros de que o alumnado gozou enormemente con esta actividade. A nós so nos queda desexarlles:

Happy Easter e bo proveito!

Visita ao Centro de día de Valga

Durante dúas xornadas o alumnado do CPI de Pontecesures, 5º e 6º de Educación Primaria, compartiu momentos de lecer coas usuarias e usuarios do Centro de Día de Valga. Estas actividades axudan por un lado a sensibilizar ao alumnado coas dificultades que presentan os nosos maiores e por outro, fan que os maiores poidan gozar da alegría que desprenden os nenos e nenas. Moitas gracias ao todo o personal pola súa agarimosa acollida e a información que nos transmitiron. Ben seguro que, alumnado e profesorado, o teremos en conta no día a día.

 

centro de día instalacións do centro de día
actividades no centro de día
actividades no centro de día merenda no centro de día

Charla de Alicia Borrás

O pasado 10 de abril, Alicia Borrás fixo unha visita ao CPI de Pontecesures. Na nosa biblioteca, a autora de "Nata y chocolate" e "¡Nata y chocolate invencibles!" conversou co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria sobre a historia que envolve a estes libros, que tanto éxito tiveron no centro, así como a súa propia historia como escritora. Gracias Alicia por compartir co alumnado e profesorado esta xornada tan especial.

foto charla alicia borrás

Sesión de Fitness

O alumnado de 4º da ESO realizou dúas sesións de fitness na Fitness Academy Graciela Viturro, de Pontecesures. As imaxes non deixan lugar a dúbidas: as nosas rapazas e rapaces estiveron á altura e amosaron unhas grandes calidades para esta actividade.

fitness na eso

 

Visita de Paco Nogueiras

O venres 5 de abril tivemos no centro unha visita moi especial! Achegouse á nosa biblioteca Paco Nogueiras, un mestre na arte de contar e cantar un montón de historias. O alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria non só puido escoitar unha morea de historias, senon que inventaron e cantaron un rap cunha delas. Moitas gracias Paco Nogueiras por facernos gozar da lectura desta maneira tan divertida!

sesión con paco nogueiras

sesión con paco nogueiras

Encontro deportivo do programa XOGADE

O 2 de abril, nunha nova xornada do programa XOGADE, enfrontáronse os equipos correspondentes ao nivel de 6º de Primaria do CPI do Progreso, de Catoira, e o CPI de Pontecesures. Nesta ocasión disputáronse partidos de baloncesto, balonmano e fútbol.

balonmano programa xogadebalonmano programa xogade

fútbol programa xogade

Distribuir contido


by Dr. Radut