Skip to Content

Plan de convivencia

Programa de formación para as familias

O Concello de Pontecesures forma parte dun Programa de "Prevención das drogodependencias e outras condutas aditivas" e o noso colexio está a participar en dito programa.

Para previr este tipo de condutas relacionadas coa promoción da saúde (alcohol, tabaco..., así como adicións ás novas tecnoloxías) é importante un traballo coordinado entre alumnado, docentes e familias.

Dada a situación actual da COVID19, non é posible a formación presencial coas familias polo que o programa é ofertado de maneira online.

Os contidos do programa son:

  • "Mais que un teito" - dirixido ás familias do alumnado de 5º e 6º de Primaria.
  • "Mais que un teito" - dirixido ás familias do alumnado de 1º a 4º da ESO.
  • "Formación para fillos/as e pais/nais en TIC" - dirixido ás familias do alumnado desde 1º de Educación Primaria a 4º da ESO.
  • "En familia todos contan" - dirixido ás familias do alumnado de toda a ESO

Podedes atopar os programas nos ficheiros adxuntos desta nova.

No mes de maio enviaremos, a través do alumnado, unha pequena enquisa de satisfacción relacionada cos contidos deste programa.

Grazas a todas as familias pola vosa colaboración.

2 abril: Día Mundial da Concienciación Sobre o AUTISMO

Este ano o lema é "Podo APRENDER. Podo TRABALLAR" e como imaxe da campaña varias mans sostendo diferentes ferramentas e utensilios que representan as habilidades e capacidades de cada persoa.

Dia Mundial Concienciación Autismo

MANTEÑÁMONOS UNIDOS

APOIÉMONOS MUTUAMENTE E

SEXAMOS SOLIDARIOS COAS PERSOAS CON AUTISMO

Charlas do Plan Director

Un ano máis, o centro ven de participar nas charlas do Plan Director, unha actividade deseñada para traballar a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, e que imparte a Garda Civil.

Nesta ocasión, os venres 10 e 17 de xaneiro, o alumnado do centro asistiu aos seguintes relatorios:

- 5º de Educación Primaria: Acoso Escolar

- 6º de E.P. e 1º da ESO: Drogas e Alcol

- 2º, 3º e 4º da ESO: Violencia de Xénero

Todas estas temáticas teñen incidencia no día a día do noso alumnado, directa ou indirectamente, e é preciso dotalos da maior información posible, para que así poidan afrontar calquera situación que se lles presente.

Charla Plan Director

Obradoiro de Habilidades Sociais

charla Manuel Isorna

Durante este primeiro trimestre o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, e o de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO tiveron un Obradoiro de Habilidades Sociais con Manuel Isorna, psicólogo e colaborador cos concellos da comarca nos programas de prevención de drogodependencias.

Neste obradoiro reflexionaron sobre conceptos tan importantes como a agresividade, a violencia de xénero, a empatía, a asertividade e sobre as formas idóneas de actuar ante as adversidades.

Vivenciar as temáticas a través das experiencias do día a día do alumnado ou a través de role playing, tratando de poñerse no lugar do outro, dan ao noso alumnado as ferramentas necesarias para actuar ante posibles dificultades.

25N - Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Neste novembro de 2019, todas as etapas educativas traballaron buscando frases, lemas, slogans... para alzar a voz no día de hoxe e condenar a violencia de xénero. Con todas elas, realizamos un mural. O profesorado realizou unha minuciosa selección, e elixiu 3 lemas que plasmamos en pulseiras de cor morada, que se repartiron entre o alumnado. 

RESPECTO e IGUALDADE deben ir da man, para loitar e erradicar a violencia de xénero, e que nun futuro, ogallá que próximo, non sexa preciso conmemorar esta data. Mais, polo momento, levaremos a cabo co noso alumnado, as iniciativas que sexan precisas.

Conmemoración do 25 de novembro

Actividades contra a Violencia de Xénero

Con motivo da celebración do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o concello de Pontecesures organizou actividades no centro educativo para concienciar ao alumnado da importancia desta temática. Para iso, tanto Educación Infantil como 1º e 2º de Educación Primaria gozaron da posta en escea de "Carapuchiña de cores"; 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria fixo o mesmo co análise da película "Zootrópolis"; e o alumnado da Educación Secundaria profundizou nas mensaxes do film "Quiero ser como Beckam". De cando en vez é necesario pararse e reflexionar sobre os problemas que nos afectan e nos que podemos actuar para mellorar como sociedade.

 

actividades 25 de novembro

2ª Xornada do Plan Director no curso 2018/2019

O venres 15 de Febreiro autoridades da Garda Civil volveron a visitar o noso centro para, nesta ocasión, dar unha charla ao alumnado de 2º da ESO sobre Drogas e Alcol e outra ao alumnado de 3º e 4º da ESO sobre Violencia de Xénero.

alumnado da eso alumnado da eso
2º ESO 3º e 4º ESO

 

1ª Xornada do Plan Director no curso 2018/2019

O venres 8 de Febreiro autoridades da Garda Civil visitaron o centro para dar sendas charlas ao alumnado de 1º da ESO (Drogas e Alcol) e ao de 5º e 6º de Primaria (Acoso Escolar). Estas actividades están enmarcadas dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos

 

foto presentacion charla foto charla garda civil

foto charla garda civil

foto charla garda civl

 

Distribuir contido


by Dr. Radut