2020-2021

As notas da convocatoria extraordinaria de setembro publicaranse o

venres 3 de setembro ás 14:00 h,  

pódense consultar polo Abalar Móbil.

 

Datas de reclamación:

Luns, 6 de setembro de 11:00 a 13:00 h.

Martes, 7 de setembro de 11:00 a 13:00 h.

_________________________

.

 

09/09/2021

Agosto: Pechado

Enviado por MerceDS o 30 Xullo, 2021 - 11:50

O centro permanecerá pechado

durante o mes de agosto.

 

Para cuestións urxentes, contactar por email:

cpi.suarez.marquier@edu.xunta.gal

_________________________________________________

 

02/09/2021

26 de xullo: Festivo local

Enviado por MerceDS o 25 Xullo, 2021 - 19:23

Por mor da festividade local no Rosal o centro permanecerá pechado o luns 26 de xullo.

_____________________________________

 

01/08/2021

FONDOLIBROS: Listaxe Definitiva Primaria

Enviado por MerceDS o 20 Xullo, 2021 - 15:06

Publicada a Resolución Definitiva para Primaria de FondoLibros para o curso 2021-2022.

Debido á Lei de Protección de Datos non se poden publicar as listaxes na web do centro, polo tanto todos os solicitantes poderán comprobar se se lles concedeu a axuda no taboleiro interior do centro ou consultar por teléfono na Secretaría do Centro en horario de 09:30 a 12:30 h.

Xa se poden recoller na secretaría do centro en horario de 09:30 a 12:30 h os vales para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria) e os vales para a adquisición de material escolar.

O fondo libros de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria no curso 2021-2022 entregarase en setembro os primeiros días de clase.

__________________________

 
19/09/2021

LISTA LIBROS DE TEXTO - CURSO 2021-2022

Enviado por MerceDS o 16 Xullo, 2021 - 10:31

IMPORTANTE

Na lista publicada a principio de xullo había un erro no título dos cadernos de traballo de Inglés de 3º e 4º ESO

O ISBN era correcto o que estaba mal era o nome de caderno, o correcto é NETWORK

No apartado de Material e Libros 21-22 podedes consultar a lista actualizada.

Perdoade as molestias ocasionadas.

_____________________________________________

     

 

16/09/2021

FONDOLIBROS: Listaxe Provisional

Enviado por MerceDS o 9 Xullo, 2021 - 11:35

Publicada a Resolución Provisional de FondoLibros para o curso 2021-2022.

Debido á Lei de Protección de Datos non se poden publicar as listaxes na web do centro, polo tanto todos os solicitantes poderán comprobar se se lles concedeu a axuda no taboleiro interior do centro ou consultar por teléfono na Secretaría do Centro en horario de 09:30 a 12:30 h.

Prazo para reclamación: 12 e 13 de xullo de 2021.

Lista Definitiva publicarase antes do 20 de xullo de 2021.

15/09/2021

Primeiro premio na modalidade "Hecateo"

Enviado por MerceDS o 2 Xullo, 2021 - 20:57

O martes 22 de xuño a alumna Eva Rodríguez Sánchez recolleu o premio da Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos na modalidade "Hecateo", cun traballo realizado na materia de Latín impartida pola profesora María Oca.

Premio Hecateo

Foron convidadas a Facultade de Filoloxía da USC onde Eva recolleu o primeiro premio.

Eva e Maria

Parabéns Eva e María Oca!!!

  

15/09/2021

Exames de setembro 2021

Enviado por MerceDS o 2 Xullo, 2021 - 19:52

Calendario exame setembroPreme sobre a imaxe para ver o horario con mellor calidade.

Entrega de cualificacións: Luns, 6 de setembro a partir das 12:00 horas polo Abalar Móbil.

Prazo extraordinario de matrícula: ata o 10 de setembro inclusive.

..

15/09/2021

Despedida Jesse Shambach

Enviado por MerceDS o 29 Maio, 2021 - 14:07

Hoxe, venres 28 de maio, foi o último día de Jesse Shambach, o noso auxiliar de conversa norteamericano. Despois de case dous trimestres traballando a fala con Primaria e Secundaria, déixanos, pero con máis soltura, con menos medo a falar inglés, e coa confianza de que todos podemos expresarnos noutras linguas cun pouco de vontade e ilusión.

THANK YOU SO MUCH, JESSE!!!

Despedida Jesse

13/09/2021

Semana dos Persoeiros

Enviado por MerceDS o 23 Maio, 2021 - 20:58

Semana dos Persoeiros

 

Esta semana contaremos coa presenza de María Oruña, Jorge Mira, Yolanda Castaño e Paula Carballeira!

Todo un luxo para A Mata!

29/05/2021
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.