Aviso completo

Avisos que aparecen en primeiro lugar no corpo central. Utilizar para avisos importantes que necesiten moita visualización.

EDIXGAL: CURSO 2024-2025

Enviado por Anónimo o 17 Septembro, 2024 - 23:50

Este curso 2024-2025 implántase E-Dixgal nos cursos de 5.º EP e 1.º ESO.

Información para as familias: Folleto E-Dixgal para as familias.

Contratar o seguro (opcional): Díptico informativo cobertura SIR.

 

30/08/2025

ESO: REUNIÓN TITORES COAS FAMILIAS

Enviado por Anónimo o 16 Septembro, 2024 - 10:39

O mércores 18 de setembro ás 18:30 h haberá unha reunión informativa de inicio de curso dos titores coas  familias do alumnado de ESO.

Data: Mércores 18 de setembro de 2024.

Hora: 18:30 h

 

20/09/2024

Festivo local: 26 de xullo

Enviado por Anónimo o 23 Xullo, 2024 - 13:20

O centro permanecerá pechado:

  • o xoves 25 de xullo: Día de Galicia
  • o venres 26 de xullo: festivo local no Rosal.

 

30/07/2024

Admisión Ciclos de Formación Profesional - Curso 2024/2025

Enviado por Anónimo o 20 Xuño, 2024 - 17:32

O prazo de admisión

  • comeza o luns 24 de xuño ás 09:00 h
  • e remata o xoves 4 de xullo ás 13:00 h.
  • A solicitude farase unha vez se teñan as notas, antes non.

Onde se realiza a solicitude de admisión?

O proceso de admisión é telemático a través da aplicación ciclosadmision (habilitada cando abra o prazo de admisión xunto cun asistente web de axuda).

Vídeo de axuda para realizar unha solicitude de admisión a ciclos.

Máis información na web e no seguinte arquivo preparado polo departamento de orientación do CPI.

 

06/07/2024

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2024/25

Enviado por Anónimo o 21 Maio, 2024 - 10:32

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

CURSO ESCOLAR 2024/25

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024 (ambos incluidos).

 

FORMAS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

- Electrónica: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada alumno/a.

- Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos na aplicación fondolibros, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo.

- Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo.

 

DOCUMENTACIÓN

Anexo I (debidamente cuberto e coa documentación complementaria necesaria: copia do libro de familia, violencia de xénero...)

Anexo II (autorización dos membros da unidade familiar, agás o solicitante)

Solicitude: Anexo I e II

 

Para consultar a Orde do DOG, preme AQUÍ.

_______________

21/06/2024

Excursión organizada pola ANPA

Enviado por Anónimo o 20 Maio, 2024 - 18:29

A ANPA do CPI Manuel Suárez Marquier organiza unha excursión ao zoo en Maia, Portugal, o domingo 26 de maio.

 

Zoo + picnic + paseo polo Parque de Avioso

Comida a cargo de cada familia.

Alumnado socio + 1 adulto = 5 € cada un

Non socios e a partir do 2.º acompañante = 17 €

 

Data límite para anotarse: 23 de maio.

Reservas nos teléfonos: 655 60 38 58 - 639 90 20 34

.

26/05/2024

DÍAS NON LECTIVOS

Enviado por Anónimo o 15 Maio, 2024 - 23:24

O venres 17 de maio (Día das Letras Galegas)

e o luns 20 de maio (elixido polo centro)

son días non lectivos.

O centro permanecerá pechado.

 

21/05/2024

AXUDAS para ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS de APOIO EDUCATIVO

Enviado por Anónimo o 14 Maio, 2024 - 13:09

Aberto o prazo para solicitar as axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Convocatoria do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

 

Que persoas poden solicitar esta axuda?

As axudas están dirixidas a persoas que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:

  • Discapacidade igual ou superior ao 25%
  • Trastorno grave de conducta (TGC) ou da comunicación e linguaxe
  • Trastorno do espectro autista
  • TDAH asociado a TGC ou discapacidade
  • Altas capacidades (AACC)


Máis información:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

 

13/09/2024

Charla informativa: familias alumnado 3.º ESO

Enviado por Anónimo o 11 Maio, 2024 - 01:21

O vindeiro martes 14 de maio terá lugar ás 17:00 horas na Biblioteca do CPI unha charla informativa dirixida ás familias do alumnado de 3.º de ESO sobre as optativas que poden elixir para 4.º de ESO, así como os itinerarios de cara a facer bacharelato ou ciclos.

 

 

15/05/2024

CHARLA: Uso e abuso de pantallas

Enviado por Anónimo o 9 Maio, 2024 - 10:17

O vindeiro martes 14 de maio ás 19:00 horas haberá unha charla dirixida a familias e educadores/as en xeral, titulada "Uso e abuso de pantallas".

Forma parte das charlas que o centro organiza para familias en colaboración coa ANPA.

A persoa que a impartirá chámase Mª del Camino Rodríguez Álvarez.

É necesario apuntarse presencialmente ou por teléfono (886120385) en secretaría.

Haberá servizo de canguro para as familias que o necesiten.

 

15/05/2024
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.