Saltar navegación.
Inicio

Botóns químicos

Curiosidades de tódolos días

Nesta sección incluimos unha serie de artigos sobre cousas cotiás, moi frecuentes. E que ten que ver isto coa Química?. Entra e xa verás:

Do leite ás pinturas: Pois si, a partires do leite que tomamos a cotío poderiamos obter pinturas, tintes, etc.

Na perruquería:  O ir á perruquería é, case case, como unha visita a unha fábrica química. As tinguiduras, as mechas, o xampú, laca, espuma, gomiña, ou unha máscara capilar... pero o químicamente estelar chega cando queremos cambiar de imaxe e rizar o pelo.

  • A permanente : So se trata de abotoar ben ou mal a chaqueta.
  • O xampú: que ten que ver iso do pH que tanto anuncian na tele?

  • Os tintes : Que duran máis ou menos só é unha cuestión de tamaño das moléculas

Vaia cheiro a butano! E sen embargo o butano non ten olor.

Trucos de cociña :  Na cociña podemos exercer como auténtic@os mestres de química, tanto é así que deberan permitirnos latar a clase de química sempre que sexa para facer de pinche de cociña.

Xa está ben de fretar: Outro dos rincóns da casa que ole a química é o armario onde gardamos os produtos de limpeza: limpacristais, lavalouzas, abrillantador, suavizante,  lixivia, xel de baño e, por suposto, a xoia da coroa, o deterxente, un dos maiores milagres da historia doméstica.

Quimicoches : Millóns e millóns de vehículos circulan hoxe por todo o mundo grazas á Química. Dende os neumáticos á pintura, do airbag aos cintos de seguridade, do aire acondicionado aos faros ou dos combustibles aos innumerables polímeros que os compoñen. Aquí contámosche como funciona o airbag e os alcoholímetros.

Distribuir contido