Saltar navegación.
Inicio

Na rede

Para navegar

Se che gusta navegar pola rede podes visitar estos sitios, moitos deles teñen recursos interesantísimos e todos eles contribúen a facer que a Física ou a Química sexan máis asequibles para todo o mundo.

  • Recursos clic : Unha páxina moi boa con numerosos recursos en galego. Tes que ter instalado no teu ordenador o programa clic (podes tamén descargalo da mesma páxina, premendo en clic e descarga); despois no apartado de Actividades- lista-secundaria hai unha morea de actividades de todos tipos, moi sinxelas e coas que se aprende moito. Referidas á Física ou Química tes as seguintes: Cinemática rectilínea, Enlaces químicos, Formulación química, Laboratorio de química e Átomos

  • Canalciencia: As novas máis importantes do mundo da ciencia, ademáis de encrucillados, fotos de astronomía, efemérides, etc, coa vantaxe de estar na nosa lingua.


  •  Os dados do reloxeiro : Sección do portal Cultura galega.org adicada á divulgación científica, moi interesante e escrita en termos sinxelos e amenos. Permite a descarga dunha recompilación de artigos ilustrados por Pepe Carrabouxo.


 


 


  • Descubrir : suplemento de ciencia do xornal Correo galego


  • Exercicios de formulación : Unha moi boa páxina que inclúe exercicios de formulación tanto inorgánica como orgánica e tamén unha seccion de problemas, tamén en galego.




  • Astronomía : Se che gusta esta parte da ciencia ou queres iniciarte nela, visita esta páxina do clube compostelánde astronomía Vega.



  • Ciencia divertida : Páxina con preguntas sobre as cousas que ocorren tódolos días, anécdotas, curiosidades, experimentos caseiros... para sorprenderte, divertirte, e atopar  información sobre aspectos curiosos e estraños da Ciencia mira por aquí con moita frecuencia.


 


  • O rincón da ciencia :  fenómenos curiosos, historias, preguntas truculentas, e trucos de maxia (poderías inflar un globo sen tocalo?).


 


  • Academia Galilei: Unha das páxinas máis completas que hai na rede sobre Física, Química e tamén Mates; calquera cousa que queiras buscar seguro, seguro que está aquí. Queres saber como ferver auga usando un cubiño de xeo? Entra, vale a pena.


 


 




  • Caos e ciencia: Outra interesante páxina de divulgación científica con temas moi interesantes e videos e fotografías impresionantes.


 


 

Distribuir contido